Estás a ver Gadis para

IMPACTO POSITIVO SOCIAL

Coñece as nosas iniciativas socialmente responsables:

Icono APOIO Á  SOCIEDADE

APOIO Á SOCIEDADE

Reforzamos o noso compromiso con institucións, entidades sociais, ONG e colectivos desfavorecidos, para construír unha sociedade mellor.

Ver máisIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Icono ACHEGA AO DESENVOLVEMENTO  CULTURAL E DEPORTIVO

ACHEGA AO DESENVOLVEMENTO CULTURAL E DEPORTIVO

Apoiamos numerosas iniciativas culturais e deportivas nas que convidamos a participar á nosa clientela.

Ver máisIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Banner Principal Impacto Positivo

APOIO Á SOCIEDADE

Imagen Impacto Positivo

MAIO SOLIDARIO

Desde o 2012 realizamos esta campaña solidaria a favor dos Bancos de Alimentos que durante o mes de maio permite doar alimentos non perecedoiros, así como facer achegas económicas que se suman á propia doazón que realizamos desde Gadis.

ALIMENTA A AMIZADE

Alimenta a amizade é a nosa campaña solidaria para cans e gatos sen fogar. Desde 2019, cada mes de outubro, organizamos recollidas de produtos e doazóns económicas a favor de entidades de protección animal de Galicia e Castela e León, ás que sumamos un % da nosa propia doazón.

DOAZÓNS

En GADIS cremos necesario que o desenvolvemento económico vaia unido aos actos solidarios. Desta maneira, facemos da solidariedade un piar fundamental na nosa política de empresa. Colaboramos coa Gran Recollida de Alimentos, con UNICEF, que permitiu axudar a máis de 300.000 nenos e nenas en situación de vulnerabilidade a través de vacinas, tratamentos contra a desnutrición e acceso a auga potable, apoio á situación de emerxencia de UCRAÍNA…

APOIO A ENTIDADES SOCIAIS

Colaboramos con ONG e asociacións de ámbito local e internacional apoiando diversas iniciativas dirixidas a colectivos vulnerables ou con necesidades especiais, como por exemplo a Asociación de Celíacos de Galicia.

BEBÉ GADIS

Bebé Gadis é unha iniciativa de Gadis para acompañarte en todas as etapas da maternidade e a paternidade, desde a primeira semana do embarazo ata pasados os 3 anos do teu bebé. En bebegadis.es compartimos información, consellos e recomendacións avalados por pediatras e informámoste de como adquirir a mochila #BebéGadis.

FAMILIAS NUMEROSAS

En Gadis queremos evitar que as familias numerosas se vexan en desvantaxe en comparación con outros núcleos, por iso, as familias numerosas poden presentar o seu carné de familia numerosa á hora de realizar o pago en caixa ou ben rexistrar o número do carné en Gadis+, para ir acumulando unha porcentaxe das compras.

GADIS COAS ONG

Gadis coas ONG é unha iniciativa que impulsa a colaboración das empresas co tecido asociativo e pon en valor o impacto positivo que estas sinerxías xeran local e globalmente.


ACHEGA AO DESENVOLVEMENTO CULTURAL E DEPORTIVO

Imagen Impacto Positivo

COMPETICIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS

A nosa colaboración coa celebración de eventos e actividades deportivas abarca distintas disciplinas, como carreiras populares, celebración do día da bicicleta, iniciativas relacionadas co motor, campionatos de tenis, pádel, fútbol, golf, baloncesto, deportes de auga ou tríatlon entre outras, como patrocinios, campus ou campamentos.

PATROCINIOS INSTITUCIONAIS

Apoiamos o equipo paralímpico desde 2008, estando presentes en tres Xogos Paralímpicos: Pequín 2008, Londres 2012 e Río de Janeiro 2016 contribuíndo á consolidación e continuidade do deporte paralímpico español.

APOIO Á CULTURA

Tamén apoiamos proxectos vinculados ao cine, ao mundo audiovisual e á arte, como coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Mediante esta colaboración e o sorteo de invitacións entre os nosos clientes para os concertos, apostamos por facer máis accesible este tipo de música.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada ano realizamos algunha acción de apoio á cultura galega para homenaxear aos e as escritoras elixidas para o Día das Letras Galegas. Ademais, durante os últimos 15 anos publicamos máis de 300.000 libros en galego sempre repartidos de forma gratuíta nesta data tan sinalada.

CONCURSO DE MICRORRELATOS

Nos últimos anos, desenvolvemos un Concurso de Microrrelatos, escritos en menos de 100 palabras. Este proxecto pretende impulsar o talento literario entre os mozos. Cos microrrelatos finalistas editamos 12.000 exemplares cada ano dun libro recompilatorio, que se regala nos nosos puntos de venda.

AS NOSAS INICIATIVAS

Imagen Contenido
Apoio á sociedade

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Alimenta a Amizade busca concienciar sobre os dereitos dos animais, promover prácticas éti...

Imagen Contenido
Apoio á sociedade

Un verán cultural e deportivo con Gadis

Agora que se achega o fin do verán, en supermercados Gadis sentimos orgullo de todos os pr...

Imagen Contenido
Apoio á sociedade

O benestar animal tamén é unha responsabilidade conxunta

O Fondo Internacional para o Benestar Animal (IFAW) acuñou o 8 de agosto como o Día Intern...

Imagen Contenido
Apoio á sociedade

Maio solidario, xenerosidade imparable

O mes pasado celebramos a 14ª edición de Maio Solidario, unha campaña solidaria coa que re...

+ IMPACTO POSITIVO

Icono Impacto Positivo economic

IMPACTO POSITIVO ECONÓMICO

  • Creación de riqueza.
  • Transparencia na xestión.
Ver máisIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Icono Impacto Positivo environmental

IMPACTO POSITIVO AMBIENTAL

  • Sostibilidade.
  • Alimentación saudable.
Ver máisIcono Flecha Marrón Dirección Derecha