Estás a ver Gadis para

Fomentando o espírito solidario, o obxectivo dos Bancos de Alimentos é recuperar excedentes en perfectas condicións de consumo e redistribuílos de baldea través de entidades benéficas ás persoas desfavorecidas.

Que facemos en Gadis?

Desde o 2013 en Gadis realizamos cada ano unha campaña chamada “Maio solidario” que ao longo dese mes promove a doazón a favor dos bancos de alimentos. Adicionalmente á solidariedade da clientela, desde Gadis realizamos unha achega propia en cada edición.

A campaña realízase durante o mes de maio en todos os supermercados de Galicia e Castela e León e a recollida dáse de forma mixta (doazón de produtos ou achega económica).

Persoal voluntario dos bancos de alimentos está presente nas tendas para apoiar esta recadación informando á clientela do labor que realizan e das formas de colaborar.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

Entendemos esta alianza solidaria como a fórmula máis eficaz para unha repartición equitativa da axuda. Os bancos de alimentos participan activamente no día a día de 800 asociacións, que atenden a máis de 100.000 persoas en situación de vulnerabilidade.

Impacto

Sentimos moito orgullo de que Maio Solidario recadase máis de 1,5 millóns de quilos de alimentos desde o 2013. A esta campaña súmanse outras accións ao longo do ano co mesmo propósito, algunhas desenvolvidas tamén en colaboración cos bancos de alimentos e con outras organizacións, como Cáritas ou a Cociña Económica da Coruña.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo solidarity1Imagen Objetivo solidarity2Imagen Objetivo solidarity3