Estás a ver Gadis para

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.

Se ben, no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadis.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos os usuarios dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:

A.

Cando vostede acceda ao formulario Contacto e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:

Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL ou aquela das sociedades do grupo GADISA RETAIL ás cales se dirixe a mensaxe (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados e Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.), para cumprir coa finalidade descrita.

Finalidade: Atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación, co fin de mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario, poderá poñerse en contacto coas empresas do grupo GADISA RETAIL.

Categoría de datos:

Datos persoais: nome, e-mail.

Datos de contacto: teléfono.

Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.

Prazos de conservación:Os datos persoais que se obteñan a través dos formularios de Contacto-Envíanos a túa mensaxe ou solicitar visita dun comercial conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación. Cumprida a finalidade, os datos serán destruídos.

Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, agás ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.

B.

Cando vostede acceda ao formulario para recibir as OPORTUNIGADIS e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:

Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL.

Finalidade: Envío de comunicacións comerciais e publicitarias de GADIS.

Categoría de datos:

Datos persoais: e-mail.

Datos de contacto: código postal e comunidade autónoma.

Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.

Prazos de conservación: Os datos persoais que se obteñan para este tratamento será o correspondente á duración da relación entre Gadisa Retail, S.L.U e o cliente, ou ata que exerza os seus dereitos de cancelación ou supresión.

Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros.

C.

Cando vostede acceda aos distintos sorteos, promocións ou concursos e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:

Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL.

Finalidade: Xestionar a realización dos sorteos, promocións ou concursos, o que inclúe a organización, control e entrega de premios.

Categoría de datos:

Datos persoais: nome, apelidos e-mail.

Datos de contacto: teléfono.

Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.

Prazos de conservación: Os datos persoais que se obteñan a través dos formularios serán destruídos unha vez realizado o sorteo, concurso ou promoción con excepción dos datos dos gañadores que se conservarán mentres se xestiona a entrega do premio.

Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, agás ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.

D.

Cando vostede acceda ao formulario Newsletter e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:

Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL.

Finalidade: O desenvolvemento e xestión de promocións, concursos ou sorteos organizados pola entidade nas redes sociais (incluída a entrega de premios), así como o envío de información comercial sobre os produtos e servizos comercializados polo grupo Gadisa Retail se así o acepta expresamente.

Categoría de datos:

Datos persoais: nome, apelido, e-mail.

Datos de contacto: comunidade, enderezo de contacto.

Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.

Prazos de conservación: Os datos serán tratados durante o período de desenvolvemento das promocionais, e conservaranse para efectos estatísticos durante un prazo de dous anos na aplicación Cooltabs. Se autorizou a recollida de información comercial, trataremos os seus datos mentres non exerza o seu dereito á cancelación.

Comunicación a terceiros: Se participa nalgún concurso ou promoción nas redes sociais, a súa participación poderá ser compartida con outros usuarios da rede. Tamén comunicamos os seus datos a empresas do Grupo Gadisa Retail co fin de xestionar a identificación e entrega do premio ao gañador. Gadisa Retail utiliza a plataforma MAILCHIMP (entidade localizada en USA e adherida ao Privacy Shield), que garante o cumprimento de garantías en relación coa protección dos seus datos.

E.

Cando vostede acceda ao formulario Alimentes e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:

Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL.

Finalidade: Xestionar a visita aos supermercados e a participación no programa Alimentes desde a web e publicitalas na web e redes sociais.

Categoría de datos:

Datos persoais: nome, apelidos, e-mail.

Datos de contacto: teléfono.

Outros datos: datos do centro escolar.

Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.

Prazos de conservación:Os datos persoais que se obteñan a través dos formularios de Alimentes serán conservados debidamente bloqueados durante os prazos de prescrición das obrigas derivadas do tratamento. Cumprida a finalidade, os datos serán destruídos.

Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, agás ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.

Vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos utilizando os seguintes medios:

  • Por correo electrónico ao enderezo lopd@gadisa.es
  • Por correo postal ao Polígono Piadela, s/n , 15300- Betanzos.

a través dun escrito asinado para o efecto e indicando en REF: protección de datos- e indicando o tratamento sobre o cal desexa exercer o dereito (contacto, Oportunigadis, sorteos, newsletter, alimentes).

No caso de que o responsable do tratamento teña algunha dúbida razoable en relación coa identidade da persoa que solicita o exercicio de calquera dos dereitos mencionados, poderáselle solicitar o DNI/Documento identificativo para verificar a súa identidade e asegurar e protexer os seus dereitos.

Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

GADISA RETAIL cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal; por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios. Estando lexitimada para iso, polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.