ALIMENTA A AMIZADE
O 4 de outubro celébrase mundialmente o Día dos animais, cuxo obxectivo principal é concienciar sobre os dereitos dos animais e promover prácticas éticas e responsables.
Que facemos en Gadis?
Desde o ano 2019 en Gadis celebramos do 1 ao 10 de outubro a nosa campaña “Alimenta a amizade” . Unha recollida de alimentos de animais de compañía así como artigos de hixiene e/ou doazón económica a favor de entidades de protección animal como refuxios, protectoras ou colonias felinas. Persoal voluntario destas entidades aproveita a campaña para concienciar sobre a tenza responsable e as necesidades específicas das súas organizacións.
Por que?
Lamentablemente, España conta cunha das maiores cotas de abandono animal de Europa. Cada ano, miles de animais de compañía son recollidos por entidades de protección animal que procuran coidados, rehabilitación e, sempre que sexa posible, un novo fogar.
Impacto
Cada ano, máis de 70 organizacións de Galicia e Castela e León reciben a solidariedade da clientela así como unha achega propia de Gadis. Estas entidades conseguen cubrir unha boa parte das súas necesidades alimentarias grazas a esta campaña que leva acumulados máis de 332.000 kg de alimentos e máis de 52.000€ en vales de compra.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

