PATROCINIOS INSTITUCIONAIS
Desde GADIS entendemos que o apoio a institucións que comparten os nosos valores e impulsan iniciativas que fomenten hábitos de vida saudables e/ou promoción da cultura forman parte da nosa razón de ser.
Que facemos en Gadis?
A nosa colaboración con institucións locais e nacionais axudan a visibilizar diversas realidades e poñer en valor a súa contribución á sociedade. Algúns exemplos son:
- Xacobeo 2021-2022. Foi un evento participativo promovido pola Xunta de Galicia, que contou coas achegas de todos os axentes da sociedade civil e do tecido empresarial como vertebrador territorial e panca de desenvolvemento económico, cultural, social e territorial. Os patrocinios aos anos Xacobeos producíronse de maneira ininterrompida desde o ano 1999, apoiando tamén o programa Cultura no Camiño.
- Equipo Paralímpico español. Apoiamos o equipo paralímpico desde 2008, estando presentes en catro Xogos Paralímpicos: Pequín 2008, Londres 2012, Río de Janeiro 2016 e Tokyo 2020 contribuíndo á consolidación e continuidade do deporte paralímpico español.
- VIII Centenario da Universidade de Salamanca. Desde GADIS consideramos unha honra apoiar a esta destacada institución no seu sétimo centenario. Este patrocinio reafirmou o noso compromiso con Salamanca e a súa Universidade, lembrando a nosa colaboración en acontecementos como a Capitalidade Europea da Cultura de 2002 ou o 250 aniversario da Praza Maior de Salamanca no ano 2005.
Por que?
Grazas ao apoio aos anos Xacobeos así como ao proxecto Cultura no Camiño contribuímos á dinamización cultural das localidades polas que discorren os diferentes roteiros xacobeos en Galicia durante os meses de maior afluencia de peregrinos e visitantes. O patrocinio ao Equipo Paralímpico español permite o acceso dos e das atletas a bolsas e axudas para o seu adestramento, a posibilidade de participar en concentracións e competicións internacionais, así como a dispoñibilidade de adestradores, técnicos, persoal de apoio, material deportivo especializado e servizos médicos, entre outros recursos esenciais.
Impacto
Os apoios institucionais axudan a poñer en valor a cultura do noso territorio, as tradicións e a diversificar a oferta cultural e patrimonial. Ademais, contribuímos ao desenvolvemento de deportistas e ao fomento de hábitos de vida saudables.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

