Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Un verán cultural e deportivo con Gadis

9 SETEMBRO, 2026

Imagen Noticia Un verán cultural e deportivo con Gadis

Agora que se achega o fin do verán, en supermercados Gadis sentimos orgullo de todos os proxectos e iniciativas que puidemos apoiar este ano a través da nosa estratexia de responsabilidade social corporativa. O apoio á sociedade e, en particular, a aposta pola cultura, o deporte e o desenvolvemento local convertéronse nun dos piares fundamentais da nosa estratexia de RSC. Estas colaboracións teñen o seu apoxeo nos meses de verán, cando se calendarizan a maioría destes eventos.

Desde hai décadas, Gadis participa activamente en proxectos que promoven a educación, a cultura, o deporte e a cohesión social. Desde festivais de música ou cine ata festas populares, pasando por unha gran diversidade de eventos deportivos, Gadis súmase a iniciativas da sociedade e tamén impulsa proxectos propios co obxectivo de dinamizar o contexto cultural e deportivo dos territorios nos que opera.

Unha comunidade cohesionada, resiliente e feliz necesita espazos de intercambio, de aprendizaxe e de desfrute colectivo, que permitan o desenvolvemento de comunidades, que fortalezan vínculos interpersoais e que promovan un estilo de vida saudable. En Gadis, cremos que unha das claves é o apoio a proxectos da sociedade, cun compromiso sostido no tempo. Deste xeito, participamos en máis de 2.400 proxectos cada ano.

Os eventos do verán 2026

Como vén sendo habitual, este verán foi intenso, acompañando diferentes proxectos deportivos, culturais e festividades. Alén de desfrutar da experiencia, tamén compartimos estes proxectos coas persoas que o fan posible e con todo o seu público, comprobando en primeira persoa o impacto positivo que xeran e a súa achega á sociedade.

Deporte

Ao longo deste ano, tivemos o privilexio de colaborar con algúns dos eventos deportivos máis salientables de Galicia e Castela e León. Entre eles, podemos destacar citas de referencia internacional como o Gadis Surf Festival no ABANCA Pantín Classic Galicia Pro ou carreiras populares, como a histórica San Martiño de Ourense, a Carreira Pedestre de Santiago de Compostela ou o circuíto Palencia Legua a Legua, alén do Día do Deporte na Rúa de Ávila. Tamén colaboramos con clubs náuticos galegos na Regata Gadis do Club Náutico de Ribeira, na Regata Rías Baixas do Club Naútico de Vigo e no gran festival de deportes e cultura urbana O Marisquiño, un dos eventos de deportes urbanos máis importantes do panorama estatal.

Aínda que a calor obriga a pausar algúns circuítos populares durante o verán, a nosa presenza non se detén: seguimos presentes en probas como o Corresan, Correndo por Ourense ou Correndo pola Costa da Morte, alén do emblemático Coruña Corre. En agosto, a actividade comeza a recuperar o ritmo con decenas de campus deportivos, torneos e carreiras populares, que supoñen un adianto da tempada de San Silvestres, que poñerá o broche final ao ano deportivo.

Cultura e festivais

O verán galego e castelán-leonés non se entende sen a súa intensa axenda musical, e, como en anos anteriores, fomos parte dela. Desde festivais de raíz e folk como a Carballeira de Zas, con máis de 40 edicións ás súas costas, ata grandes citas de música en directo como Portamérica, Atlantic Fest, o Festival Ribeira Sacra ou o Costa Feira. Deste xeito, acompañamos propostas que combinan música, paisaxe e gastronomía nalgúns dos recunchos máis singulares de Galicia. Tamén colaboramos con festivais de nova xeración como Nachiños Fest en Ferrol, Río Verbena Fest en Pontevedra, Osa do Mar en Burela ou co histórico Festival da Luz de Boimorto, que este ano celebra o seu 15º aniversario e co que colaboramos desde a súa primeira edición. De igual maneira, estivemos presentes no Festival das Revenidas de Vilaxoán, unha das citas máis consolidadas do panorama festivalero galego.

O impacto positivo do apoio á cultura, o deporte e o desenvolvemento local

En Gadis, entendemos que o noso papel na sociedade vai moito máis alá da nosa actividade comercial. Formamos parte do tecido social dos territorios nos que operamos e asumimos tamén a responsabilidade de contribuír ao seu desenvolvemento, dinamizando a súa vida cultural e deportiva. En 2025, formamos parte de máis de 1.700 iniciativas culturais, estivemos presentes en máis de 150 encontros e festividades e colaboramos con máis de 800 iniciativas deportivas en Galicia e Castela e León. Isto axúdanos a xerar un impacto positivo nos territorios, adoptando compromisos a longo prazo e asumindo un papel activo en iniciativas de diversa índole.



En Gadis sempre estamos dispoñibles para escoitar, aprender e colaborar con proxectos que se aliñen cos nosos valores e, sobre todo, con aqueles que xeren un impacto positivo real nas comunidades locais.


Grazas a estos proxectos, contribuímos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha