Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

21 OUTUBRO, 2026

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Falamos de “quilómetro cero” cando nos referimos a alimentos que se producen, críanse ou elabóranse localmente, é dicir, nos territorios próximos ao lugar onde se venden e consomen. O produto de proximidade reduce as emisións asociadas ao transporte, contribúe á economía local e favorece a alimentación de tempada.

En Gadis, asumimos un compromiso a longo prazo con provedores e provedoras locais, especialmente en Galicia e Castela e León, priorizando o establecemento de relacións comerciais duradeiras e os produtos de calidade cultivados nos territorios nos que operamos.

Nesta publicación mostramos como identificar o produto local e tamén os beneficios e vantaxes que implica o seu consumo habitual, tanto para as persoas como para o planeta.

Produtos de proximidade, máis sostibles

Os produtos de proximidade son unha opción máis sostible. Ao eliminar os grandes desprazamentos, xa que se cultivan ou elaboran preto de onde se van a consumir, reducimos a pegada de carbono do produto, así como as emisións vinculadas ao seu transporte e á refrixeración prolongada. Á súa vez, favorécense sistemas agroalimentarios máis diversos, ligados a variedades locais e cultivos tradicionais.

Estes produtos tamén son clave para dinamizar a economía local. As explotacións agrícolas de tamaño medio ou pequeno manteñen vivos os territorios, xeran empregos de calidade, contribúen a fixar poboación no medio rural e fomentan a innovación. Tamén minimizan o desperdicio alimentario, xa que se limitan os tempos de desprazamento entre o campo e o fogar, evitando que o produto poida danarse durante o transporte.

Ademais, os produtos locais tamén contribúen positivamente ao benestar das persoas, xa que normalmente son produtos de tempada que, alén de ser máis saborosos, tamén teñen unha maior achega nutricional. Estes produtos estacionais ofrecen prezos máis económicos, porque a produción se axusta ao calendario e consómense en períodos de tempo concretos. En moitas ocasións son produtos de orixe ecolóxica, que protexen a biodiversidade da contorna e xeran un menor impacto negativo en chans e auga.

Como identificalos

A etiquetaxe dos alimentos garante a seguridade alimentaria e a rastrexabilidade dos produtos,e ofrecendo un marco común para que as persoas consumidoras accedan a unha información clara, homoxénea e accesible. Entre as obrigacións de etiquetaxe que impulsa a Unión Europea, atópase o país de orixe e o nome e a dirección da empresa alimentaria ou do importador establecido na UE. Esta información é importante, porque facilita que as persoas consumidoras poidan priorizar o consumo de produtos elaborados ou cultivados en España, e, nos nosos supermercados, tamén se pode solicitar información ao respecto ao servizo personalizado en mostrador.

A relación cos nosos provedores e provedoras locais

En Gadis sentimos orgullo dos sectores agroalimentarios de Galicia e Castela e León. Non só confiamos na calidade do produto e nas explotacións destes territorios, senón que tamén ocupamos un lugar importante no ecosistema local e enfocamos o negocio como un vínculo entre produtores e produtoras locais e a clientela.



Así, no ano 2024, traballamos con 2.417 provedores e provedoras locais, dos cales 980 eran de alimentación. Esta é o noso xeito de apoiar de xeito estable aos nosos provedores e provedoras, promovendo a xeración dun emprego digno e contribuíndo ao desenvolvemento económico do territorio.

Mantemos unha colaboración estable e duradeira cos nosos provedores e provedoras, que se basea na confianza, o compromiso mutuo e o desenvolvemento compartido. Isto garante unha oferta de produtos de proximidade que impulsa a economía local e reforza a nosa capacidade de resposta en toda a cadea loxística.

A través da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa tamén impulsamos os proxectos Mulleres Rurais, Mulleres dos Mares e Moito que contar; tres iniciativas coas que pretendemos visibilizar o traballo das nosas provedoras e provedores para poñer en valor os seus proxectos e compromiso co territorio.

O impacto positivo dos produtos Km 0

Os produtos de proximidade son unha das insignias de Gadis. Desta forma ofrecemos á nosa clientela produtos máis sostibles, comprometidos co medio ambiente e saudables. O modelo de negocio de Gadisa busca contribuír ao desenvolvemento dos sistemas agroalimentarios e produtivos locais, priorizando unha estratexia de compra marcada pola colaboración a longo prazo.

Neste sentido, a nosa clientela continúa sendo unha peza fundamental desta estratexia. Son as persoas que compran de forma consciente, responsable e comprometida coa produción local, priorizando produtos sostibles, feitos ou cultivados en España, quen fortalece o noso compromiso.

Así contribuímos á consecución das metas dos ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables e ODS 13. Acción polo clima.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha