Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra
7 OUTUBRO, 2026
Coidar a alimentación do fogar é unha prioridade para moitas familias, pero hai épocas nas que resulta todo un reto. A volta ao cole, por exemplo, trae consigo madrugas, horarios axustados e comidas fóra de casa. Alén da adaptación á nova rutina, hai cousas que se nos escapan das mans: o menú do comedor escolar, as invitacións a aniversarios ou ese día en que non hai tempo para cociñar. Entón, por que non atender a aquelas cousas que si podemos controlar? O que incluímos no carro da compra é o que acabará na nosa mesa, así que cada decisión no supermercado conta. A alimentación saudable comeza por poñer as cousas doados para que, dentro da casa, comer ben sexa a opción máis sinxela.
Planifica antes de saír de casa
Unha compra improvisada adoita ter como resultado a presenza de produtos pouco necesarios ou menos saudables na despensa. Dedicar dez minutos a planificar o menú semanal axuda a comprar só o que necesitas, a priorizar o produto de tempada e a economía, e a minimizar o desperdicio de alimentos.
Algunhas pautas sinxelas:
● Revisa a neveira e a despensa antes de ir á compra.
● Pensa en comidas completas: unha fonte de proteína saudable, verduras ou hortalizas, un cereal (se é integral, mellor) ou tubérculo e froita.
● Escribe unha lista e ordénaa por seccións do supermercado. Así optimizarás os teus tempos.
Enche o carro de alimentos frescos
Unha recomendación doada de lembrar é empezar a compra pola zona de froitas e verduras e convertelas nas protagonistas do carro. Lembra que priorizar produtos de tempada axuda a manter unha alimentación máis saudable. Estes produtos tenden a ser máis saborosos, nutritivos, económicos e, cando son de orixe local, contribúen a dinamizar a economía de proximidade e a reducir o impacto negativo no medio ambiente. Ademais, se escollemos alimentos ecolóxicos contribuímos a un modelo de produción cun uso de enerxía e recursos naturais responsable, que coida e mantén a biodiversidade e vela polo benestar animal.
1791442708292.jpg)
É importante non esquecer as proteínas saudables e de calidade. Alterna pescado (branco e azul), carnes magras, ovos e legumes. Se non comes proteína animal, lembra que os legumes son unha fonte moi saudable e económica, e son un alimento especialmente versátil, xa que serven tanto para guisos como para ensaladas, cremas ou hamburguesas vexetais.
Aprende a ler as etiquetas
Familiarizarte coas etiquetas pode ser un punto clave nos teus hábitos saudables. A lista de ingredientes está ordenada de maior a menor cantidade para que poidas diferenciar facilmente a composición maioritaria dun produto. Ten en conta que as listas con poucos ingredientes e nomes reconocibles adoitan ser as máis saudables.
Hai unha gran variedade de produtos envasados que poden ser clave nunha alimentación saudable: as conservas de legumes, as verduras conxeladas ou o peixe en conserva ao natural son opcións prácticas, nutritivas e moi útiles para os días con pouco tempo.
Involucra a toda a familia
Un bo truco para fomentar a alimentación saudable entre os máis pequenos e as máis pequenas é potenciar a súa autonomía. Propoñémoste animarlles a escoller unha receita cada semana e cociñala en familia. Se participan en todo o proceso, desde elixir o prato e comprar os ingredientes ata preparalo desfrutalo, vivirán unha experiencia emocionante e estaredes a sentar as bases duns hábitos de vida saudables. Estes hábitos apréndense co exemplo e consolídanse rapidamente se se asocian a recordos felices e emocionantes. Ir en familia ao supermercado tamén pode ser unha oportunidade educativa.
1791442749580.jpg)
Hidratación e almorzo, clave no día a día
Prioriza a auga como bebida principal no seu día a día. E xa que estamos a falar de hábitos salubles, por que non pensar tamén no planeta? Leva unha botella de auga reutilizable contigo en todo momento. Desta forma, conseguirás unha hidratación óptima e evitarás o uso habitual de plásticos dun só uso.
En canto ao almorzo, opta por opcións como pan integral, ovos, froita, lácteos, froitos secos ou flocos de avea, que achegan enerxía de forma máis sostida, evitando os picos. Podes botar man de snacks saudables cando haxa falta de enerxía.
O impacto positivo de priorizar a alimentación saudable para toda a familia
Xerar hábitos de vida saudables desde as idades máis temperás é clave no desenvolvemento físico e cognitivo das novas xeracións. Ademais, reforza o coñecemento do medio que nos rodea e mantennos conectados aos sistemas produtivos de alimentación, agricultura, gandería e pesca, e ás comunidades que nos rodean.
Atopar o equilibrio entre os hábitos saudables e a actividade diaria pode ser todo un reto. Por iso, en Gadis queremos poñérvolo doado. Nas nosas seccións de produto fresco atoparás unha ampla selección de produtos de proximidade, de tempada, con opcións ecolóxicas e a granel. Queremos que escollas a túa verdura, froita, peixe, carne ou legume favorita, mentres contribuímos a dinamizar a economía da contorna grazas ás alianzas con provedores e provedoras locais.
1791443254479.png)
En Gadis traballamos cada día para que atopes opcións saudables e económicas nas nosas seccións de produto fresco e nos nosos lineais. Con este compromiso contribuímos á consecución das metas dos ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar e ODS 12. Produción e consumo responsables.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación