Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

30 SETEMBRO, 2026

Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Por oitavo ano consecutivo, impulsamos Alimenta a Amizade, a campaña de Gadis para a recollida de alimentos, artigos de hixiene e achegas económicas destinadas ao coidado de gatos e cans sen fogar. Este ano queremos poñer o foco nas persoas que fan posible non só o desenvolvemento desta iniciativa, senón tamén que miles de animais sen fogar reciban os coidados e a asistencia que necesitan. As 84 entidades de protección animal de Galicia e Castela e León que participan nesta edición contan cunha rede de voluntariado que fai posible o seu labor diario e que participa de xeito activo na campaña.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Animais, Alimenta a Amizade busca concienciar sobre os dereitos dos animais, promover prácticas éticas e responsables e dar visibilidade ao traballo destas organizacións e das persoas voluntarias. Entre o 1 e o 15 de outubro, 205 supermercados Gadis serán o punto de encontro entre a clientela e o voluntariado, cuxa presenza en tenda servirá para que compartan a súa experiencia e os seus coñecementos sobre tenencia responsable, protección animal e prevención contra o abandono.

As entidades de protección animal, protagonistas da campaña

En Gadis apoiamos a quen traballa polo benestar dos animais sen fogar. Por iso, desde 2019, Alimenta a Amizade da voz e respaldo a protectoras de Galicia e Castela e León, facilitándolles un espazo para conseguir recursos de alimentación, de hixiene e achegas económicas que lles axuden a soster a súa actividade ao longo do ano. Ademais, ofrécelles un altofalante para chegar á cidadanía e falar dos aspectos clave da protección animal.

O traballo que desempeñan estas organizacións continúa sendo imprescindible. Segundo o estudo sobre abandono e adopción El nunca o faría da Fundación Affinity, en 2025, as protectoras de España recolleron 285.720 cans e gatos, o que supón 783 animais diarios. Aínda que é certo que a sociedade está cada vez máis concienciada, as cifras continúan sendo alarmantes e segue sendo difícil dar resposta ás necesidades das entidades.

Que entidades participan en Alimenta a Amistaze 2026?

Nesta edición, participan 84 entidades de protección animal, entre refuxios, protectoras e xestoras de colonias felinas. Delas, 57 son entidades galegas e 28 castelán-leonesas. Algunhas traballan en contornas urbanas e outras en localidades rurais, pero todas comparten unha realidade: funcionan case sempre con recursos escasos e dependen da acción voluntaria.

O voluntariado, a cara visible da campaña

As persoas voluntarias destas entidades son quen da sentido á campaña. Poderás atopalas en moitos dos supermercados participantes, onde che contarán cales son as necesidades concretas da súa entidade, que animais teñen ao seu cargo e que podes facer para axudarlles. Tamén resolverán calquera dúbida que poidas ter sobre o seu labor e sobre a protección animal. Este contacto directo é fundamental para lograr que cada doazón dea resposta ás necesidades máis perentorias.

Colabora coa campaña Alimenta a Amizade

Se queres formar parte activa deste compromiso co benestar animal, podes facer a túa doazón en calquera dos 205 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León participantes. Para iso haberá espazos habilitados no propio supermercado nos que poderás:

  • Doar produtos de alimentación ou hixiene.
  • Facer unha achega económica ao pasar por caixa.
  • Achegarte ao voluntariado para coñecer o seu traballo e as súas necesidades.

O impacto positivo de Alimenta a Amizade

Tras oito anos de campañas, seguimos co mesmo obxectivo: que ás protectoras non lles falte o esencial. En Gadis sabemos que cada quilo e cada euro conta. Desde 2019, grazas á solidariedade da nosa clientela, recadamos máis de 473.000 quilos de produtos e máis de 59.000 €, que se distribuíron entre as entidades participantes.

O benestar animal depende dos esforzos de multitude de persoas, organizacións, empresas, e sobre todo, do compromiso de quen adica o seu tempo para coidar dos animais sen fogar. Se queres colaborar e dotar de recursos ás protectoras de Galicia e Castela e León, animámoste a facer a túa doazón entre o 1 e o 15 de outubro de 2026 en calquera dos supermercados que participan. A túa achega é importante.

Coa campaña Alimenta a Amizade traballamos para a consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.



OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha