APOIO A ENTIDADES SOCIAIS
En GADIS asumimos como propias as necesidades das persoas que nos rodean. Así, apostamos polo desenvolvemento social, económico, cultural e deportivo, e traballamos por unha contorna máis xusta, prestando apoio a entidades sociais que traballan en distintos ámbitos.
Que facemos en Gadis?
Queremos destacar dúas colaboracións que se manteñen no tempo:
- Asociación de Celíacos de Galicia. Apoiamos a publicación dun libro infantil sobre unha nena celíaca para concienciar aos máis pequenos sobre a celiaquía. Tamén estamos a cooperar na edición da guía rápida Vivir sen glute, con información práctica sobre os alimentos específicos aptos para a dieta das persoas celíacas.
- AECC. No noso compromiso coa sociedade continuamos colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro a través da renovación do convenio de colaboración, que nos permite poñer en marcha distintas iniciativas dirixidas a pacientes e os seus familiares para contribuír á mellora da súa situación e benestar. Tamén realizamos en 2022 “A compra da túa vida” cunha achega pola nosa clientela de 20.233 euros para impulsar a investigación contra o cancro e financiar os servizos de apoio e acompañamento.
Por que?
Entendemos o noso compromiso con institucións, entidades sociais, ONG e colectivos desfavorecidos como un modo de construír unha sociedade mellor e mantense grazas a un diálogo constante e en relacións transparentes baseadas na colaboración a longo prazo con este tipo de organizacións. Isto supón a nosa participación en órganos de xestión, así como o patrocinio e a cooperación en iniciativas sociais e ambientais.
Impacto
Apoiamos accións solidarias, culturais e deportivas, e promovemos o desenvolvemento local e a colaboración institucional cunha media anual que supera as 1.900 accións de apoio á comunidade.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible



