Estás a ver Gadis para

Desde os nosos inicios en GADIS apostamos polo apoio á cultura de Galicia e Castela e León como estratexia de desenvolvemento, de diversidade, de inclusividade e de identidade. Apoiar a cultura é fomentar o desenvolvemento local da comunidade de forma sostible.

Que facemos en Gadis?

O noso apoio á cultura materialízase nun gran número de colaboracións que se manteñen no tempo, de ámbitos como a música, a literatura ou a creación audiovisual. No terreo musical apostamos por colaborar con máis de vinte iniciativas cada ano entre as que destacamos o acordo coa Orquestra Sinfónica de Galicia ou de festivais como O Son do Camiño. Estas experiencias permiten gozar da música a todas as idades e en formatos moi diversos.

En Gadis apoiamos a literatura con iniciativas concretas como a conmemoración do Día das Letras Galegas con accións disruptivas nas principais localidades de Galicia e os Concursos de Microrrelatos para os nosos clientes de Galicia e Castela e León. Ademais, apostamos pola difusión da creación audiovisual en encontros como a Semana Internacional de Cinema de Valladolid (SEMINCI), o Festival de Cans (O Porriño) ou o Festival de Cinema Internacional de Tui, Play Doc.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

Entendemos o noso compromiso coa sociedade como apoio ás súas institucións e entidades sociais, pero tamén a todos aqueles grupos de interese que promoven e apostan pola creación e difusión da cultura. Isto implica o noso apoio a iniciativas concretas como patrocinadores ou colaboradores.

Impacto

Promovemos un amplo número de colaboracións no terreo cultural de Galicia e Castela e León, que se materializa en, por exemplo, achegar a cultura e a música aos nosos clientes. No ano 2022 repartimos máis de 1.000 entradas para vinte iniciativas culturais a través de sorteos nos nosos supermercados e RRSS.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo culture1Imagen Objetivo culture2Imagen Objetivo culture3