O benestar animal tamén é unha responsabilidade conxunta
5 AGOSTO, 2026
O Fondo Internacional para o Benestar Animal (IFAW) acuñou o 8 de agosto como o Día Internacional do Gato co obxectivo de concienciar sobre o benestar animal, concretamente o dos felinos, sensibilizar sobre a tenencia responsable e visibilizar a importancia da adopción ou acollida destes animais.
Nos últimos anos, os avances lexislativos e a sensibilización social contribuíron a mellorar a situación de moitos animais. Con todo, as cifras de abandono e maltrato animal continúan sendo altas e evidencian que se trata dunha problemática estrutural que continúa arraigada en multitude de sociedades, incluída a nosa.
Segundo o estudo sobre abandono 2025 da Fundación Affinity, que cada ano analiza as cifras de abandono e a adopción de cans e gatos en España, as protectoras españolas recolleron, en 2025, máis de 285.720 cans e gatos. Isto supón que se recollen 33 animais abandonados cada hora, 783 ao día e 23.810 ao mes. O 40,8% destes animais eran gatos. Por tanto, en 2025 as entidades de protección animal que participaron no estudo recolleron 116.452 felinos.
Tan só o 6% dos gatos reollidos tiña microchip. Aínda que a súa utilización non evita o abandono, constitúe unha ferramenta clave da tenencia responsable porque permite garantir a rastrexabilidade, ofrecer a posibilidade de reunificación coas súas familias e determinar a responsabilidade legal da persoa propietaria. Trátase de tres elementos fundamentais para o benestar animal.
En Gadis, somos conscientes de que é necesario continuar sumando esforzos para achegar solucións a esta problemática e apoiar o traballo das organizacións que recollen a estes animais. Por iso, no marco da nosa estratexia de RSC, aliámonos con diferentes entidades de protección animal para desenvolver a campaña Alimenta a Amizade. De igual xeito, o noso modelo de negocio está comprometido co benestar animal, tanto nas relacións cos nosos provedores e provedoras como nos produtos que vendemos nos nosos supermercados.
Alimenta a Amizade
En outubro de 2026 celebraremos a oitava edición da campaña Alimenta a Amizade, unha acción solidaria de doazón de produtos de alimentación e hixiene para entidades de protección animal de Galicia e Castela e León. Cada ano, sumamos forzas con entidades e voluntariado para que os nosos supermercados se convertan nun punto de encontro no que a nosa clientela pode contribuír a dar resposta ás necesidades dos animais e das organizacións que os protexen.
Para que un proxecto solidario funcione, é necesario o esforzo e compromiso de multitude de persoas. Por iso, a celebración desta data pareceunos unha boa oportunidade para visibilizar a alianza que establecemos a longo prazo coas entidades de protección animal das zonas nas que operamos e o compromiso da nosa clientela co benestar animal.
Na última edición da campaña, conseguimos repartir 73.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene entre as organizacións participantes. Ademais, recadáronse 3.248 € coas achegas económicas da nosa clientela, ás que Gadis engadiu 15.265 €, para as 79 protectoras que formaron parte da iniciativa en 2025.
Ao longo destes sete anos de proxecto, logramos construír unha rede de apoio local a unha comunidade sensibilizada co benestar animal. En total, distribuíronse máis de 473.000 quilos de produtos destinados á alimentación e o coidado de cans e gatos sen fogar. O labor que desenvolve esta acción voluntaria ten unha capacidade de transformación social inmensa, xa que coidando do benestar animal tamén coidan dos nosos ecosistemas e velan pola biodiversidade.
Benestar animal en toda a cadea de valor
En Gadis, continuamos avanzando no noso compromiso co benestar animal desde a nosa posición na industria de distribución alimentaria. Por iso, estamos a traballar para conseguir o 100% de ovos libres de gaiola a finais de 2027. Unha transición que levamos a cabo a través do diálogo cos nosos provedores e provedoras locais, para garantir que poidan afrontar ese cambio de forma viable e progresiva e que, á súa vez, non resulte nunha barreira económica para a nosa clientela.
En xuño de 2026, o noso compromiso materializárase nos seguintes datos:
- 80% ovos frescos (marca produtores) libres de gaiola.
- 50% ovos frescos (marca propia) libres de gaiola.
- 100% ovos libres de sistemas combinados.
O impacto positivo de velar polo benestar animal
En Gadis sabemos que un modelo de produción e consumo máis ético, que respecte o benestar animal en toda a cadea de valor, tamén desde ser realista, responsable e compartido. Por iso énchenos de orgullo apoiarnos nunha rede de alianzas de perfís diferentes que contribúen, desde as súas realidades, a mellorar a vida dos animais a través do respecto mutuo, a escoita activa e a aprendizaxe colectiva.
O benestar animal é tamén un piar fundamental na nosa estratexia de RSC. Isto evidénciase coa nosa campaña Alimenta a Amizade, unha oportunidade para que as entidades de protección animal de Galicia e Castela e León poidan solventar algunhas das súas necesidades grazas á recollida solidaria e ao labor de concienciación e sensibilización que se leva a cabo durante as dúas semanas de celebración da campaña.
(7)1786358880224.png)
O compromiso co benestar animal e as alianzas que establecemos con entidades clave para conseguir este obxectivo achégannos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra