DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O compromiso de GADIS coa cultura forma parte da súa estratexia responsable para fomentar o desenvolvemento local da comunidade e converteuse nunha constante das nosas actuacións. Algo que se evidencia, entre outras moitas accións, nas iniciativas que, ano tras ano, poñemos en marcha para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Que facemos en Gadis?
Desde hai máis de dúas décadas, traballamos sen interrupción a favor da difusión da literatura galega, coa edición impresa de centenares de miles de exemplares de obras literarias dirixidas a diferentes públicos. A nosa aposta abarca a autores e autoras emerxentes e tamén a escritoras e escritores máis consagrados, apostando por diversos xéneros co obxectivo de achegar a máis ampla representación das letras galegas á sociedade.
Ademais, situámonos á vangarda da promoción cultural con campañas pioneiras que converten, por exemplo, as bolsas da compra en vehículos de cultura, enchen as rúas de versos ou reúnen nun fanzine a varios artistas da nosa comunidade. Así, as bolsas creadas para esta ocasión levaron ás casas da nosa clientela textos sobre a orixe das Letras Galegas, poemas e poemarios, fragmentos dalgunha obra, contos, ilustracións, puntos de lectura, etc. para poñer en valor a cultura propia nas súas diversas manifestacións. A nosa convicción de que a lingua une e reforza a identidade común levounos a contar cunha páxina web desta efemérides e a asinar, en 2023, un acordo de colaboración coa Xunta de Galicia, enmarcado na celebración da 60 edición da festividade das Letras Galegas, para promover o galego entre a mocidade.
Por que?
A celebración das Letras Galegas serve para impulsar o noso compromiso coa cultura e a literatura galega, fortalecendo os lazos de unión que promove a tradición compartida e difundindo o traballo de autoras e autores galegos.
Impacto
Grazas a estas iniciativas, podemos contribuír á dinamización cultural, á difusión e á posta en valor das creadoras e dos creadores galegos e ao fomento da lectura de obras na nosa lingua. En 2023, superáronse os 360.000 exemplares de obras galegas repartidos entre a nosa clientela.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible


