IMPACTO POSITIVO AMBIENTAL
Coñece as nosas iniciativas socialmente responsables:
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
A nosa ampla oferta de produtos, a información nutricional e a atención personalizada facilitan ao consumidor unha alimentación saudable e sostible.
Ver máisTRANSPARENCIA NA XESTIÓN
O noso respecto á contorna trasládase á Política Ambiental, que establece as pautas para unha xestión responsable e sostible dos recursos.
Ver máisALIMENTACIÓN SAUDABLE
PROGRAMA EDUCATIVO ALIMENTES
A nosa aposta educativa en sostibilidade para escolas permitirache coñecer a cadea de alimentos con contidos de hábitos de vida saudable e consumo responsable adaptados ao currículo oficial de infantil e primaria de Galicia e Castela e León. Vídeos, fichas interactivas, visitas aos nosos supermercados, o Prato Alimentes. O menú saudable…
PRODUTOS DE PROXIMIDADE
Na nosa peixaría, carnizaría, froitaría, charcutaría e panadaría priorizamos os produtos frescos e de tempada promovendo unha alimentación de tempada saudable para as persoas e o planeta.
TRANSPARENCIA NA XESTIÓN
SISTEMA LOXÍSTICO EFICAZ E SOSTIBLE
O noso impacto positivo no territorio permítenos reducir o impacto ambiental negativo grazas ao principio de Km0. O noso modelo de selección de provedores prioriza a proximidade permitindo minimizar os desprazamentos. Ademais, a loxística inversa permite recuperar os residuos orixinados para a súa correcta separación selectiva evitando que circulen camións baleiros, axudando a reducir, aínda máis, a pegada de carbono.
XESTIÓN RESPONSABLE DOS RESIDUOS
Como parte do noso compromiso coa redución dos residuos e a súa correcta xestión, contamos cun sistema interno de clasificación e reciclaxe de envases e embalaxes. Temos implantada a xestión de residuos en todos os puntos de venda, centros loxísticos, provedores e outros axentes externos. Contamos cun sistema de caixas reutilizables para provedores locais que permiten recibir a mercadoría a granel e reducir envases e residuos.
DESAFÍOS DO CAMBIO CLIMÁTICO
Contamos cun Plan de Eficiencia Enerxética que se aplica nas reformas e ampliacións de supermercados. De acordo co noso compromiso contra o cambio climático, estamos a traballar para dotarnos de enerxía procedente de fontes renovables. Contamos con instalacións de paneis fotovoltaicos para o autoconsumo no centro loxístico de Medina del Campo, o Gadis de Arteixo e os Gadis Hiper de Tui e Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña). Ademais, sumámonos á Alianza Galega polo Clima, un pacto impulsado pola Xunta de Galicia para afrontar de forma colectiva o desafío do cambio climático.
IMPULSO Á ECONOMÍA CIRCULAR
Traballamos para aplicar o principio de circularidade, reducir os residuos e mellorar a súa xestión en toda a nosa actividade. Este impacto positivo permitiunos converternos na primeira compañía do sector en Galicia en obter o prestixioso selo De Residuos a Recursos: Zero ao Vertedoiro, que acredita que máis do 95 % dos residuos xerados no centro loxístico de Betanzos son reutilizados ou reciclados.
AS NOSAS INICIATIVAS

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da ...
Coidar a alimentación do fogar é unha prioridade para moitas familias. O que incluímos no ...
7 OUTUBRO, 2026

Comeza o curso escolar Alimentes!
Un ano máis, comezamos o curso escolar co noso programa educativo Alimentes, o proxecto qu...
23 SETEMBRO, 2026

Como facer unha compra sostible
A sustentabilidade é unha responsabilidade compartida. As empresas produtoras, a clientela...
16 SETEMBRO, 2026

Outras formas de traballar a sustentabilidade
Cando falamos de sustentabilidade no sector da distribución alimentaria, é doado tender a ...
2 SETEMBRO, 2026