Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver a Impacto Positivo Ambiental

SISTEMA LOXÍSTICO EFICAZ E SOSTIBLE

A nosa aposta ambiental ten un dos seus piares nun sistema loxístico eficaz e sostible, co obxectivo de reducir o impacto ambiental negativo que xeramos coa optimización de todos os nosos procesos de transporte, coa elección de provedores de proximidade, redución do desperdicio alimentario e cun proceso de loxística inversa. Podemos ser loxisticamente eficaces grazas aos nosos centros de distribución en Galicia e Castela e León.

Que facemos en Gadis?

As orixes de Gadis sitúannos en Galicia e en Castela e León e son estes territorios dous espazos fundamentais no noso compromiso e responsabilidade co medioambiente. Os nosos dous principais centros loxísticos atópanse en Betanzos e en Medina del Campo, con plataformas propias para produtos frescos, froitas e verduras e outros produtos perecedoiros, e produtos non perecedoiros. Ademais, para transportar o peixe en menos de 24 horas contamos con plataformas loxísticas directamente nas lonxas da Coruña e Vigo e un establecemento para a redistribución en Valladolid. Nestes centros trabállase cun sistema de xestión por radiofrecuencia e automatizado que nos permite aproveitar todos os recursos e minimizar o desperdicio alimentario.

Aos nosos centros loxísticos chegan os produtos de moitos dos provedores de Gadis. A nosa aposta polos produtos de proximidade fai que os nosos provedores sexan de proximidade e se despracen desde localidades próximas a Gadis, apostando polo principio do km0. Tamén contamos cunha frota propia de 234 vehículos nos que optimizamos todos os seus roteiros para minimizar desprazamentos cara ás nosas tendas e xerar menos impactos negativos. Esta capacidade loxística permítenos chegar a todo tipo de clientela, desde os ámbitos urbanos aos rurais, facendo a compra de produtos frescos e non perecedoiros máis accesible.

A loxística inversa permítenos recuperar os residuos orixinados nas tendas para a súa correcta separación selectiva evitando que circulen camións baleiros, axudando a reducir, aínda máis, a nosa pegada de carbono.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

A excelente calidade dos nosos produtos , á vez que buscamos xerar os menores impactos negativos no medioambiente, fan que o noso sistema loxístico estea deseñado para garantir que os produtos cheguen á clientela cada día da forma máis optimizada posible.

Impacto

No ano 2022, traballamos con 2.125 provedores e provedoras de proximidade e apostamos por unha xestión responsable dos nosos residuos.

  • Máis de 4,6 millóns de movementos de caixas plásticas reutilizables.
  • 749,72 toneladas de plásticos para reciclaxe.
  • Máis de 8.600 toneladas de cartón para reciclaxe.
  • 158,72 toneladas de madeira para reciclaxe.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo logistic1Imagen Objetivo logistic2Imagen Objetivo logistic3