Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Outras formas de traballar a sustentabilidade

2 SETEMBRO, 2026

Imagen Noticia Outras formas de traballar a sustentabilidade

Cando falamos de sustentabilidade no sector da distribución alimentaria, é doado tender a pensar en cuestións como a reciclaxe, a redución de plásticos ou a eficiencia enerxética dos supermercados. Con todo, para Gadis, a sustentabilidade funciona como fío condutor de todo o modelo de negocio, atravesando de forma transversal os procesos ao longo da cadea de valor.

En Gadis articulamos o noso propósito de xerar un impacto positivo na contorna a través de tres dimensións: a social, a económica e a ambiental. Estes son os tres piares fundamentais, que se interrelacionan e se retroalimentan, sobre os que construímos a nosa actividade para alcanzar obxectivos reais con capacidade de transformación.

Desde o noso departamento de Responsabilidade Social Corporativa impulsamos unha estratexia de RSC que vai máis aló da nosa actividade económica e que fortalece a conexión coa contorna e coas persoas. Unha folla de ruta que prioriza o coidado do planeta e da súa biodiversidade, mentres fomenta unha escoita activa dos axentes dos territorios onde operamos. Neste compromiso, as alianzas son a clave que nos permite estar máis preto das comunidades e aprender de diferentes realidades.

Nesta publicación queremos compartir a nosa forma de traballar a sustentabilidade máis aló do cumprimento legal e das nosas iniciativas máis coñecidas.

Outras forma de traballar a sustentabilidade son posibles

Existen outros xeitos de xerar impacto positivo que se poden sumar a indicadores tradicionais como a redución de emisións, a optimización de procesos loxísticos ou a certificación de procesos. Ás veces a sustentabilidade tamén se mide nas alianzas que se constrúen co tecido asociativo dun territorio ou na conciencia que se esperta nas novas xeracións. Entender a sustentabilidade de forma ampla, combinando o social, o económico e o ambiental nunha mesma estratexia, permitiunos atopar fórmulas propias e demostrar que non hai un único camiño para construír un negocio máis responsable e comprometido.

Iniciativas de Gadis

Estas son algunhas das nosas iniciativas que sitúan a sustentabilidade no centro dunha forma pouco habitual pero que xeran un impacto positivo real, con capacidade de transformación:

  • El Bosque Gadis. Unha iniciativa desenvolvida coa Asociación Amicos no terreo "A Galpulleira" de Curtis (A Coruña), concibida para fomentar a integración social e a conversación da biodiversidade. Persoas traballadoras das Ecobrigadas de Amicos reforestaron 300 bidueiros (especie autóctona) e habilitaron o terreo como unha aula ao aire libre, onde grupos de escolares visitan o bosque para aprender sobre diversidade e a importancia de conservar a natureza. É un exemplo de como un mesmo proxecto pode xerar emprego inclusivo, restaurar unha contorna natural e sensibilizar ás novas xeracións, xerando un impacto positivo social e ambiental.
  • Campaña Día das Letras Galegas. Para conmemorar esta data, Gadis converte os seus supermercados nunha insignia da cultura galega cunha publicación inédita inspirada na obra ou na figura da persoa á que se dedica. Homenaxeamos a aquelas autoras e autores que aportaron á identidade colectiva galega porque é imprescindible entender de onde vimos para saber cara a onde imos. En 2026, repartimos 30.000 exemplares do caderno ilustrado Lenzos: as letras en cor, inspirado na obra da escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño. O ano anterior publicamos Foliada!, como homenaxe a Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos e ás Pandereteiras de Mens, nas que se personificou a poesía popular oral. Esta iniciativa exemplifica o noso compromiso coa contorna, coa memoria colectiva e co orgullo da identidade tan plural que compartimos.

  • O proxecto de alimentación texturizada con ASPACE Coruña. Outra forma na que abordamos a sustentabilidade é desde a perspectiva da innovación aplicada ao benestar das persoas. Grazas á nosa alianza con ASPACE Coruña, apoiamos este proxecto pensado para mellorar a alimentación de persoas con parálise cerebral e problemas de disfaxia. Aplican un método que conserva o sabor e a aparencia dos pratos, facilitando unha experiencia alimentaria máis segura, digna e inclusiva. Trátase dunha iniciativa que demostra que a sustentabilidade social tamén pode materializarse en solucións técnicas moi concretas, pensadas para mellorar a calidade de vida da cidadanía.

O impacto positivo de traballar a sustentabilidade como concepto amplo e transversal

En Gadis traballamos para minimizar as nosas emisións e os nosos residuos, pero entendemos a sustentabilidade como un concepto amplo coa capacidade de xerar un impacto positivo multiplicador que actúa no ámbito social, o económico e o ambiental. Esa mirada transversal permite que iniciativas tan diferentes como unha reforestación de especies autóctonas, un sistema de loxística inversa, unha publicación polo Día das Letras Galegas, a implementación de placas solares nos nosos supermercados ou o convenio cunha entidade do terceiro sector respondan a un mesmo propósito: xerar un impacto positivo na contorna e nas persoas que o habitan. Traballar a sustentabilidade desta forma permítenos non depender dunha única gran acción, senón dunha estratexia composta por pequenos e grandes compromisos sostidos no tempo, o que garante un impacto máis resiliente e adaptado á realidade das persoas.

Esta mirada ampla da sustentabilidade contribúe á consecución das metas dos ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha