Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Como facer unha compra sostible

16 SETEMBRO, 2026

Imagen Noticia Como facer unha compra sostible

A sustentabilidade é unha responsabilidade compartida. As empresas produtoras, a clientela e os supermercados participamos dunha mesma cadea e, só cando todos os axentes avanzamos na mesma dirección, é posible construír un sistema alimentario realmente sostible.

De igual forma que os nosos provedores e provedoras asumen compromisos de produción responsable, en Gadis ofrecemos unha serie de recursos e posibilidades para que realizar unha compra responsable sexa sinxelo e oportuno. Con todo, é a clientela quen completa o ciclo coas súas decisións do día a día. Non se trata só de elixir os produtos que compramos, senón tamén de como e onde o facemos. Esa é a forma máis directa de converter cada compra nun xesto de responsabilidade compartida co planeta e coa nosa comunidade.

Nesta publicación compartimos as opcións dispoñibles en supermercados Gadis para promover e facilitar a realización dunha compra sostible.

Que significa comprar de forma sostible?

A sustentabilidade na cesta da compra apóiase en tres piares fundamentais:

  • Reducir o impacto ambiental do que compramos. Por unha banda, priorizando produtos a granel ou levando envases propios para minimizar as embalaxes dun só uso, especialmente nos produtos frescos. Por outra banda, considerando a pegada de carbono e optando por produtos de proximidade e km 0 para reducir o transporte. Alén de optar por procesos produtivos máis responsables, como agricultura, pesca ou gandería ecolóxica, opcións de comercio xusto ou produtos certificados, na medida do posible.
  • Fortalecer a economía local. Para iso, é recomendable comprar a empresas e profesionais locais, e provedores de Galicia ou Castela e León ou mesmo outras orixes estatais. Desta forma, xérase emprego, fortalécense as contornas rurais e mantense viva a tradición produtora de cada rexión. Comprar de forma local tamén contribúe a priorizar o produto de tempada, o que favorece o coidado do medio ambiente e da biodiversidade, mentres coidamos da nosa saúde.
  • Reducir o desperdicio alimentario. Planificar e consumir de forma consciente e responsable é clave para evitar que ningún alimento termine sendo desperdiciado. Segundo o Informe sobre o desperdicio nos fogares 2025 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o desperdicio dos fogares españois ascendeu a 1.101,8 millóns de quilos en 2025, o que representa ao redor de 23,51 kg ou litros de alimentos refugados por cada fogar. A pesar de que as cifras melloraron considerablemente nos últimos anos, especialmente pola sensibilización e concienciación da nosa sociedade, aínda é necesario reforzar este compromiso.

Como nos organizamos en Gadis para que poidas realizar unha compra sostible

En Gadis levamos décadas desenvolvendo iniciativas que facilitan que a nosa clientela poida realizar unha compra sostible de forma intuitiva e sinxela. Estas son algunhas das medidas principais:

  • Mantemos un compromiso a longo prazo cos provedores e provedoras de proximidade, favorecendo o produto de quilómetro 0 e de tempada. Así, nas nosas seccións de produto fresco sempre poderás atopar alimentos de tempada que se produciron de forma local e comprometida.
  • Tanto nos nosos lineais como nas nosas sección de produto fresco podes atopar produtos de produción ecolóxica e certificados.
  • Contamos cunha ampla variedade de produtos frescos a granel.
  • Seguimos apostando pola atención personalizada en mostrador para que poidas comprar non só o produto que che interesa, senón tamén a cantidade que necesitas, contando co consello de persoal formado.
  • Nas nosas seccións de produto fresco dispoñemos de bolsas de papel reciclado, biodegradables e reciclables para que leves os produtos a casa.
  • Tamén temos á venda bolsas de malla, que se poden reutilizar en múltiples ocasións.
  • A nosa clientela pode traer os seus propios envases para os produtos frescos (froitas, verduras, carnes ou peixes) e bolsas ou carriños para levar a casa os produtos adquiridos.
  • Usamos caixas de cartón reciclado para os pedidos a domicilio, dándolle unha nova vida útil.
  • Aplicamos descontos en produtos cuxa data de consumo preferente ou de caducidade está próxima e realizamos doazóns de produto, para que ningún alimento en bo estado termine desaproveitado.

O impacto positivo de comprar de forma sostible

Se aínda non compras de forma sostible e responsable, non necesitas cambiar todos os teus hábitos dun día para outro. Basta con empezar por pequenos cambios como priorizar a elección de produtos locais, levar as túas propias bolsas de casa ou optar por opcións ecolóxicas cando se poida. Cada elección suma. A clientela ten tamén un rol activo na construción dun sistema alimentario máis xusto, máis próximo e con menor desperdicio.

En Gadis poñemos ao dispor de quen confía no noso proxecto múltiples opcións para que realizar unha compra sostible non sexa un esforzo nin loxístico nin económico, senón unha opción realista e sinxela que permita, de forma colectiva apoiar a sustentabilidade, coidando do medio ambiente e da biodiversidade, xerando emprego de calidade e dinamizando a economía local.

Grazas a esta complicidade e aos pequenos hábitos responsables estamos máis preto de alcanzar as metas dos ODS 2. Fame cero, ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 12. Produción e consumo responsables e ODS 13. Acción polo clima.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha