Estás a ver Gadis para

A aposta polos produtos de proximidade é un dos piares de Gadis. Desde a nosa creación, apostamos por crear riqueza en Galicia e Castela e León xerando alianzas estratéxicas con provedores e provedoras locais co convencemento de que é unha das mellores formas para o desenvolvemento do territorio e o futuro.

Que facemos en Gadis?

Gadis é unha das pezas que forma parte da cadea de valor da alimentación . A través dela, transmitimos os nosos valores como a calidade e o fortalecemento das nosas comunidades, e facémolos chegar a todas as persoas implicadas na cadea: desde as pequenas agricultoras e agricultores ata a clientela.

Nas nosas seccións de produto fresco peixaría, carnizaría, froitaría, charcutaría e panadaría), priorizamos os alimentos de proximidade, frescos e de tempada. É unha maneira de favorecer a adopción de hábitos de vida saudables e unha das mellores opcións para o planeta, polo seu menor impacto ambiental, ao ser produtos elaborados preto das nosas instalacións. Coa compra de produtos a provedores e provedoras locais, ademais de aumentar a eficiencia, impulsamos o desenvolvemento social, laboral e económico de Galicia e Castela e León. E facémolo con alianzas a longo prazo cos provedores e provedoras de proximidade que nos abastecen.

Imagen Principal Objetivos

Por que?

En Gadis queremos potenciar o impacto positivo que xeramos en Galicia e Castela e León e unha das prioridades é o apoio a provedores e provedoras de proximidade. Así, abastecémonos de produtos frescos de calidade, fortalecemos o tecido produtivo, potenciamos o sector agropecuario, favorecemos o relevo xeracional do sector primario e xeramos emprego de calidade na nosa contorna.

Impacto

No ano 2022, realizamos compras por valor de 466 millóns de euros a provedores e provedoras locais de Galicia e Castela e León. Traballamos da man de 2.125 provedores e provedoras de proximidade, 1.021 eran de alimentación. No noso compromiso cos produtos de proximidade, estas cifras de impacto positivo aumentan cada ano.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo products1Imagen Objetivo products2