Estás a ver Gadis para

A aposta por mellorar a calidade de vida das persoas é unha das máximas de Gadis e non podía ser menos co apoio ás familias numerosas. Este colectivo de Galicia e Castela e León pode presentar o seu carné de familia numerosa á hora de realizar o pago en caixa ou rexistrar o número de carné na APP Gadis+, e utilizalo durante as compras para ir acumulando unha porcentaxe.

Que facemos en Gadis?

O carné de familia numerosa é un pasaporte para obter vantaxes en Gadis. Coa presentación do carné en caixa, as persoas deste colectivo poden ir acumulando unha porcentaxe dos tiques das súas compras en Gadis, do que recibirán dous cheques anuais para descontalos en futuras compras nas nosas tendas, xerando un impacto positivo tanxible na economía das familias numerosas de Galicia e Castela e León.

Existen dúas formas de acceder ao desconto, acumulando unha porcentaxe das compras realizadas ao pasar por caixa: os clientes poden presentar fisicamente o carné de familia numerosa na compra ou identificarse como Familia Numerosa a través da APP de Gadis, Gadis+. Para isto, é necesario descargarse a aplicación e asociar ao perfil do usuario a súa tarxeta de familia numerosa. Con este sistema, poderá haber varias persoas rexistradas co número común de Familia Numerosa.

Ambas as formas de acceder ao desconto son válidas, e suman para o aforro de cada Familia Numerosa. A única diferenza entre elas é o método de envío do cheque, que se emite cada ano a finais de agosto e de decembro:

  • Os clientes que só presenten o carné de familia numerosa en caixa, e non teñan APP, recibirán o seu cheque por correo ordinario no enderezo que indicasen no formulario de rexistro (clientes de Castela e León) ou no seu rexistro como Familia Numerosa (clientes de Galicia). Este cheque deberá consumirse integramente nunha única compra.
  • Os clientes que teñan descargada a aplicación Gadis+ recibirán o seu cheque virtualmente, na Carteira Gadis do usuario administrador. Estes cheques virtuais son un saldo que se pode dividir en varias compras, non é necesario consumilo todo nunha, e non caducan.
Imagen Principal Objetivos

Por que?

A través do apoio ás familias numerosas, en Gadis demostramos o noso impacto social positivo con este grupo de interese. As nosas palabras apóianse en feitos que traspasan as fronteiras comerciais e fanse tanxibles na construción dunha sociedade máis igualitaria.

Impacto

Esta fórmula de apoio ás familias numerosas en Galicia iniciouse no ano 2003. Máis de 20 anos de compromiso xerando un impacto positivo na sociedade e nas familias que compoñen este colectivo. O programa de apoio ás familias numerosas a través dos seus números de carné materialízase na aplicación de descontos (en función das compras) en dous períodos do ano. Estes descontos constitúen a contribución de Gadis, que asume o custo da acción, a este colectivo da sociedade.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Icono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo SostenibleIcono Objectivo Desarrollo Sostenible
Imagen Objetivo family1Imagen Objetivo family2Imagen Objetivo family3