Alimentes Dixital: balance da segunda edición

Fecha: Xullo 7, 2022

O pasado 31 de maio pechouse a segunda edición de Alimentes Dixital, o noso proxecto educativo dixital, e chegou o momento de facer balance, aínda que xa vos adiantamos que a participación deste ano superou todas as nosas expectativas. En Gadis levamos máis de 20 anos apostando pola educación de calidade en hábitos saudables. Ao longo deste tempo, puxemos en marcha diversas propostas educativas: formacións, talleres, actividades nos supermercados e o programa educativo Alimentes. Visitas escolares a supermercados Gadis. Hai dous anos, quixemos buscar a maneira de transformar un pouco máis o proxecto e atopar unha nova canle para manter o contacto co profesorado e o alumnado de distintos centros educativos. Así xurdiu Alimentes Dixital, unha idea que se materializou en febreiro de 2021 e en cuxa primeira edición inscribíronse 261 colexios. Esta plataforma formativa dixital para todas as profesoras e profesores de educación infantil e primaria de Galicia e Castela e León logrou unha gran aceptación na comunidade educativa. Queriamos levar o noso programa Alimentes un paso máis aló e ofrecer un recurso didáctico en liña que facilitase material aos educadores e educadoras destas comunidades para enriquecer tanto as horas lectivas como as tarefas para casa do alumnado. Oíches falar deste programa? Talvez as túas fillas e fillos xa tiveron a súa experiencia Alimentes… Hoxe contámosche todos os detalles.

Alimentes dixital

O deseño e a posta en marcha de Alimentes Dixital puido realizarse grazas á nosa experiencia á fronte do programa Alimentes, o programa educativo de Gadis orientado ao profesorado de segundo ciclo de infantil e aos tres niveles de educación primaria. Do mesmo xeito que o seu predecesor, a plataforma está baseada en catro piares fundamentais para unha vida sostible: alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e redución do desperdicio alimentario. Ademais, na súa versión electrónica, engadiuse un apartado adicional, o de desenvolvemento local e produción sostible. A plataforma veu a sumarse ao programa existente, que xa poñía ao dispor dos docentes manuais e fichas para o alumnado que poden descargarse na web #Gadisescuela.
Os desafíos actuais asociados á educación leváronnos a expor e ofrecer un novo mecanismo formativo ao profesorado e ao alumnado de Galicia e Castela e León. Co obxectivo de seguir potenciando os hábitos sostibles a través da cadea dos alimentos e mantendo os catro eixos para unha vida sostible de maneira transversal, Alimentes Dixital é unha plataforma en liña que conta con 10 unidades didácticas dedicadas a cada un dos pasos da cadea de alimentos. Todas elas están adaptadas ao currículo oficial de educación infantil e de educación primaria de Galicia e de Castela e León. Para optimizar e lograr que o uso da plataforma fose o máis sinxelo posible, as unidades están separadas por niveis educativos distribuídos en catro bloques: infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, e 5º e 6º de primaria. Os nenos e nenas empezan o percorrido na lonxa e seguen os produtos polas diferentes fases ata que chegan aos fogares. Unha maneira amena de abordar distintos aspectos da cadea de alimentos e temas educativos, principalmente relacionados con ciencias naturais e ciencias sociais, así como elementos directamente vinculados coa sustentabilidade. Tras a primeira edición, incluíronse novos recursos para seguir dotando á plataforma de contidos e de ferramentas atractivas para o alumnado.

Para motivar e recoñecer o esforzo dos nenos e as nenas, ao final do percorrido hai premio! Entre os grupos que completan todas as unidades ao longo da edición, establécese unha clasificación mensual. Todos aqueles alumnos e alumnas cuxo docente realiza a solicitude ao terminar a última unidade didáctica reciben o seu propio kit do PRATO ALIMENTES. O Menú Saudable. E non só iso! Tamén se realiza un sorteo de 5 packs de tablets entre todos os centros de Galicia e Castela e León que completan o programa, tres para colexios galegos e dous para centros castellanoleoneses.

Segunda edición de Alimentes dixital

 

Para participar en Alimentes Dixital, só era necesario ser docente de infantil ou educación primaria nalgún centro educativo público, privado ou concertado de Galicia e Castela e León e rexistrarse na plataforma. Na primeira edición, inscribíronse 261 colexios, dos cales 168 completaron o programa. Durante o pasado curso, participaron 9.589 escolares e 357 docentes das dúas autonomías. Este ano, case se duplicou a participación: 16.881 nenos e nenas distribuídos da seguinte maneira por nivel educativo:
– 6.253 alumnos e alumnas de educación infantil
– 3.673 alumnos e alumnas de 1º y 2º de primaria
– 3.350 alumnos e alumnas de 3º y 4º de primaria
– 3.605 alumnos e alumnas de 5º y 6º de primaria
Pola súa banda, 884 docentes guiaron ao alumnado ata completar as dez unidades didácticas propostas. Cabe destacar que, do total do alumnado participante no programa, 199 nenos e nenas eran de educación especial. En total, enviamos 19.505 kits Pratos ALIMENTES para recoñecer o traballo realizado tanto polo alumnado como polo profesorado, 12.678 destinados a centros educativos galegos e 6.827 a centros castelán leoneses. Todos eles teñen xa nosa guía visual para planificar as súas comidas de maneira saudable e tamén suxerencias de receitas que van incluídas no agasallo.
Xa estamos a quentar motores para o próximo curso! Gustaríache participar na próxima edición de Alimentes Dixital? Non nos perdas a pista! Seguiremos informando.