Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Vémonos despois do verán en Alimentes!

10 XUÑO, 2026

Imagen Noticia Vémonos despois do verán en Alimentes!

Un ano máis, completamos a edición do noso programa Alimentes, a aposta educativa de Gadis sobre alimentación saudable e consumo responsable dirixida ao alumnado de educación infantil e primaria de Galicia e Castela e León. O programa combina as visitas aos nosos supermercados cunha experiencia dixital que pon ao dispor das comunidades educativas das dúas autonomías 14 unidades didácticas e actividades interactivas adaptadas aos currículos oficiais.

Desde hai anos, mantemos un compromiso firme para contribuír a xerar hábitos de vida saudables entre as novas xeracións, que favorezan o seu desenvolvemento físico e cognitivo, a sustentabilidade xeracional, o benestar social e as relacións da infancia.

Este programa iniciouse hai máis de 20 anos coas visitas a supermercados Gadis. Neste curso 2025-2026 celebramos tamén a sexta edición de Alimentes Dixital, unha plataforma propia que conta con contidos e actividades adaptadas aos diferentes ciclos formativos. Así, permite combinar a aprendizaxe na aula coas visitas presenciais para poñer en práctica o aprendido e afianzar os hábitos de vida saudables de forma experiencial, reforzando as habilidades sociais e relacionais do alumnado e fortalecendo a súa autonomía persoal.

Datos de Alimentes 2025-2026

Neste curso escolar, alcanzamos unha nova marca de participación cun total de 27.039 alumnas e alumnos rexistrados na plataforma dixital, fronte aos 26.433 do ano pasado. Así, un total de 705 centros escolares utilizaron os contidos dixitais ao longo desta edición, 469 galegos e 236 castelán leoneses.

Á súa vez, 13.529 alumnas e alumnos visitaron algún dos nosos supermercados da man do persoal educador que transforma os coñecementos traballados na aula nunha experiencia práctica e vivencial desde unha mirada comprometida coa alimentación saudable e o consumo responsable. Deste total, 8.272 realizaron a súa visita en Galicia e 5.257 fixérono en Castela e León.

Un piar fundamental das visitas atópase nas seccións de produto fresco, xa que non son só un lugar de aprendizaxe, senón tamén un espazo de interacción co persoal de mostrador. Esta combinación permite afianzar coñecementos e favorecer a autonomía do alumnado no contexto do supermercado e dunha compra sostible. O percorrido está deseñado de xeito específico para cada supermercado, tendo en conta o ciclo educativo de cada grupo e adaptando os contidos ás súas habilidades. Esta experiencia pon en valor o compromiso sostible e responsable de priorizar unha alimentación saudable cunha dieta variada que aposte polo consumo de alimentos de proximidade e de tempada.

Coñecer a realidade da cadea de valor da alimentación e o día a día nos supermercados mostra ao alumnado a responsabilidade de adquirir hábitos saudables desde un lugar consciente. Ademais, tamén inicia unha reflexión sobre a súa relación cos supermercados e co persoal, mostrándoos como espazos seguros, nos que sempre hai un equipo de profesionais preparado para axudar e desde onde construír un estilo de vida saudable.

O kit Alimentes

Unha das grandes apostas deste programa foi o deseño do Prato Alimentes, inspirado no Prato de Harvard, como ferramenta educativa para poñer en valor a importancia dunha dieta variada que inclúe diferentes fontes de nutrientes e que permite identificar as porcións axeitadas de cada grupo de alimentos. Trátase dun recurso baseado nunha estratexia de aprendizaxe visual, co que se poden diferenciar os aspectos que contribúen a elaborar un prato saudable e equilibrado. O kit do Prato Alimentes entrégase a todo o alumnado que participa nas visitas e a aquel cuxos docentes o solicitan a través da plataforma. O seu obxectivo é xerar un impacto positivo nos hábitos vinculados á alimentación saudable e á sustentabilidade desde a infancia.

O impacto positivo do programa Alimentes

O programa Alimentes achéganos ás novas xeracións de Galicia e Castela e León para contribuír ao fomento da saúde e a sustentabilidade. Este programa, híbrido e gratuíto para centros escolares e alumnado, súmase aos esforzos dos currículos oficiais e do profesorado para establecer hábitos de alimentación saudable e consumo responsable desde idades temperás.

Cada fogar ten a súa propia historia, os seus retos e os seus soños, e en Gadis cremos que os máis pequenos e pequenas tamén deben ter voz. Cando as nenas e os nenos participan nas decisións do fogar non só aprenden, senón que se converten en verdadeiros axentes de cambio para toda a familia. Por iso, o obxectivo de Alimentes é claro: que aprendan de xeito lúdico, dinámico, accesible e próximo como as súas eleccións diarias impactan no seu benestar, e como poden axudar a construír hábitos saudables na casa, convertendo a adquisicón destes hábitos nunha decisión na que participa toda a familia.

Grazas ao impulso do programa Alimentes, en Gadis contribuímos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 4. Educación de calidade, ODS 10. Redución de desigualdades, ODS 12. Produción e consumo responsables, ODS 13. Acción polo clima e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha