Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Un novo curso con Alimentes

24 SETEMBRO, 2025

Imagen Noticia Un novo curso con Alimentes

Comezou o novo curso e, con el, poñemos en marcha o noso programa educativo Alimentes, unha aposta de Gadis pola educación en hábitos de vida saudables, sostibilidade e consumo responsable. O pasado curso escolar, 26.433 alumnas e alumnos de 537 centros educativos de Galicia e Castela e León participaron no programa. Nesta nova edición, desexamos continuar apoiando á comunidade educativa de ambas comunidades, sumando recursos na aula, así como experiencias coas visitas presenciais aos nosos supermercados.

Alimentes é un programa referente con máis de 20 anos de traxectoria. Está centrado en traballar de forma transversal aspectos relacionados con hábitos de vida saudables, nutrición, consumo responsable e desperdicio alimentario, poñendo o foco tamén na produción de proximidade a través da cadea de alimentos. O programa propón traballar contidos en liña dispoñibles nunha plataforma propia, que conta con 14 unidades didácticas que favorecen a aprendizaxe do alumnado desde o primeiro ciclo de educación infantil ata finalizar a educación primaria. Á súa vez, a experiencia compleméntase coa posibilidade de realizar unha visita a algún dos supermercados Gadis de Galicia e Castela e León co acompañamento de persoal especializado en nutrición, sostibilidade e hábitos saudables.

En Gadis, somos conscientes de que contribuír á concienciación sobre estes temas desde idades temperás axuda a promover a adquisición de hábitos saudables, sostibles e responsables, fomentando unha sociedade sa, crítica e máis inclusiva, que sitúa a saúde e o coidado do planeta como unha prioridade.

Que agardar de Alimentes 2025-2026?

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, este novo curso incorpora melloras e novas actividades na plataforma Alimentes Dixital. Cada ano, ao finalizar o programa, analizamos a avaliación realizada pola comunidade educativa e outros axentes implicados, para continuar traballando para que a experiencia se adapte ás necesidades das persoas usuarias.

Entre as novidades desta edición, atópase unha nova unidade didáctica sobre compostaxe, unha iniciativa que está moi presente nos centros escolares de ambas comunidades autónomas. Desta forma, alcanzamos un total de 14 unidades que se adaptan aos currículos oficiais de Galicia e Castela e León de educación infantil e educación primaria.

Ademais, incorporamos novos supermercados para visitas presenciais. Desta forma, podemos brindar a oportunidade a máis centros escolares de participar na parte máis experiencial do proxecto Alimentes.

Este curso escolar, continuamos a apostar polo noso Prato Alimentes, inspirado no Prato de Harvard, como recurso educativo para que o alumnado poida achegarse de forma máis práctica e visual aos conceptos que se traballan en Alimentes Dixital. Todo o alumnado que complete as 14 unidades didácticas ou que realice unha visita a algún dos nosos supermercados recibirá como obsequio o Kit Prato Alimentes. Así, facilítase que tamén as familias se sumen aos hábitos saudables e poidan acompañar o proceso de aprendizaxe no fogar.

Unha vez finalizado o curso Alimentes 2025-2026, realizaremos un sorteo de 5 lotes de tablets entre todos as escolas que completasen o programa, coa intención de dotar de recursos dixitais aos centros escolares que contribúan a mellorar os hábitos saudables e sostibles da infancia en Galicia e Castela e León.

Como podo participar en Alimentes 2025-2026?

Se es docente de educación infantil, educación especial ou educación primaria nun centro educativo de Galicia ou Castela e León e tes interese en fomentar a alimentación saudable, o consumo responsable e a mitigación do desperdicio alimentario, Alimentes é o programa para tí!

Esta iniciativa é gratuíta. Para participar, tan só é necesario rexistrarse na plataforma Alimentes e validar o rexistro a través dun correo electrónico. Unha vez que se verificou o rexistro, terase acceso ao perfil no que se poderán crear grupos co alumnado e empezar a traballar os contidos dixitais na aula. Ademais, poderase reservar unha visita ao supermercado Gadis da zona correspondente e solicitar o prato Alimentes.

O impacto positivo de Alimentes

Desde Gadis apostamos por construír un futuro sostible. Comprometémonos a todos os niveis, tanto nos produtos que vendemos nas nosas tendas como nos procesos de produción e loxística, sendo conscientes de que o noso papel na comunidade debe mostrarse tamén a través do apoio á sociedade e ao tecido educativo.

O programa Alimentes permítenos estar preto das novas xeracións e abordar temas como a alimentación saudable e a sostibilidade mediante a cadea de valor de Gadis. Tras máis de 20 anos impulsando Alimentes, sabemos que este proxecto nos permite contribuír ao desenvolvemento de hábitos saudables, sostibles e responsables entre a infancia de Galicia e Castela e León.



Con Alimentes, afianzamos o noso compromiso cos ODS 3. Saúde e benestar, 0DS 4. Educación de calidade, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables, ODS 13. Acción polo clima e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha