Merendas con froita de tempada e o prato ALIMENTES

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Establecido en 1972 polas Nacións Unidas pretende sensibilizar acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medio ambiente. Hai uns días, xa che falamos da necesidade de coidar a biodiversidade e do seu papel no proceso de desenvolvemento. Hoxe, queremos sumarnos a esta celebración cunha proposta concreta: ideas para merendas. Si, liches ben! Son os pequenos xestos os que te poden converter nun axente activo do desenvolvemento sustentable e da protección do medio ambiente, non o sabías? Hai moitas formas! En Gadis Saudable, poderás atopar unas cantas suxestións. Entre elas, unha que poderás adoptar con facilidade é a aposta polos produtos de tempada e o consumo local. Se, ademais, recorres ao prato ALIMENTES. O menú saudable para a planificación, estarás a coidar da túa saúde e da do planeta. Queres unirte á celebración? Segue lendo!

Consumo local e de tempada

Sabías que, se compras produtos locais, estás a xerar beneficios directos na economía da túa comunidade? Moitos deses produtores son pequenas entidades, empresas sociais e emprendedores. Coa túa compra, estás a favorecer a creación e o mantemento de postos de traballo na rexión. En Gadis, traballamos con máis de 1.000 provedores locais para poder dispoñer nos nosos lineais dos produtos locais e de tempada. Ademais, contamos cunha etiquetaxe propia que che axudará a atopar facilmente produtos de orixe galega. Non te fixaras? A próxima vez que vaias a un dos nosos supermercados busca a cuncha de vieira, por exemplo 😉.

O consumo de produtos locais e de tempada contribúe á redución do impacto ambiental. Ao acurtar as distancias entre a planta de produción e o punto de venda, diminúense as emisións de gases de efecto invernadoiro asociado ao transporte de alimentos. Co consumo local, redúcese o Food Miles, que é un indicador de sustentabilidade que fai referencia á distancia que percorren os alimentos dende a súa produción ata que chegan ás mans do consumidor. Utilízase moito en estudos de impacto ambiental de alimentos.

Ademais, este tipo de consumo adoita ser máis saudable. Por que? Porque boa parte dos produtos locais e de tempada atópalos nos nosos lineais de produtos frescos. Este tipo de produtos non adoitan someterse a tantas etapas de procesado industrial e carecen de aditivos. Sen esquecernos de que manteñen todas as súas propiedades nutricionais porque se colleitan no momento óptimo, garantindo tamén a intensidade do seu sabor.

Merendas con frutas de tempada e o prato ALIMENTES

Esta tempada, na que os días se alongan e soben as temperaturas, bríndanos froitas cheas de cor e de auga para axudarnos a manter unha boa hidratación. É a época dos froitos do bosque, os amorodos, a froita de óso e, por suposto, dos refrescantes melóns e sandías. Os figos e as cereixas tamén son produtos estrela nesta época do ano. O certo é que non hai uqe engadir máis para ter unha deliciosa merenda, non crees? Con todo, queremos darche algunhas ideas para eses días nos que necesitas un extra de enerxía ou de ánimo ou, simplemente, queres algo máis especial. Nas nosas propostas, botamos man do prato ALIMENTES para asegurarnos o deseño “óptimo” das túas merendas e darche máis opcións pensando tamén nos máis pequenos da casa. Se atendes ás súas recomendacións, a merenda debería representar o 10% do total da túa inxesta diaria, na que a metade debería ser vexetais e froitas; un cuarto, proteínas saudables; e o outro cuarto, grans integrais. Non é necesario cumprilo de xeito estrito; podes compensar ao longo do día 😉.

Tres merendas ALIMENTES

Saudable non quere dicir aburrido, e esa foi a nosa máxima para elaborar esta proposta. O calorciño convida a merendas refrescantes e a sucumbir a algún xeado, verdade? Pois poderás facelo. O único requisito é que o prepares ti. Que che parece?

Minibocadillo de peituga de pavo e iogur con pexego

Propoñémosche que prepares un minibocadillo con pan integral ou, se tes ganas, con algún máis especial que poidas preparar. Que che parece combinar a peituga de pavo cunhas follas de leituga ou tomate? Podes acompañalo con algún produto vexetal que che apeteza. Como colofón, un iogur cun delicioso pexego partido ou calquera outra froita de tempada que teñas na casa. Se necesitas adozar un pouco, podes engadir cunha cullerada de mel.

Froitos secos e polo de melón

Unha proposta refrescante e saudable que che permitirá sucumbir á tentación este verán. Acompaña o polo de melón cos teus froitos secos favoritos. A receita é moi sinxela:

Ingredientes
– 300 g melón (os que teñen o patrón circular son máis doces)
– 20 ml leite ou bebida vexetal

Preparación
– Curta o melón en anacos e tritura cunha batedora ata que quede líquido.
– Engade o leite ou a bebida vexetal se queres achegar un pouco máis de consistencia e mestura ata que todo estea integrado. Se queres darlle un toque máis fresco, podes engadir hortelá.
– Reparte a mestura en poleiras e mete no conxelador un mínimo de 4 horas. Están mellor se se deixan ata o día seguinte.

Bowl de avea, arandos e froitos secos

Os bowls saudables sempre son unha boa opción para a merenda, non cres? Permítenche combinar os grupos de alimentos dunha maneira fácil e moi saborosa.

Ingredientes
– 1 puñado de avea
– 1 puñado de arandos
– 1 iogur natural
– 1 puñado de améndoas
– 1 culleriña de mel
Mistúraos todos nun recipiente e ademais de presumir subíndoo a instagram, merendarás do máis sán e variado.

Gustáronche as merendas ALIMENTES? Vaste animar a seguir coidando da túa saúde e da do planeta?