Xuntos construímos un futuro mellor: resumo do 2025
30 DECEMBRO, 2025
En Gadis pechamos 2025 emocionados polos logros do ano. Seguimos comprometidos con impulsar o desenvolvemento económico e social nas comunidades nas que operamos, promovendo a sostibilidade nos ámbitos económico, social e ambiental. Enorgullécenos volver estar presentes no Ranking Merco como unha das empresas máis responsables do sector en ESG (Enviromental, Social and Governance) e a única galega entre as 14 seleccionadas a nivel nacional.
Tamén renovamos o selo “De Residuos A Recursos: Zero a Vertedoiro" e, por segundo ano consecutivo, a Unión de Consumidores de Galicia concedeunos o Premio Benfeito de Consumo como a mellor empresa de produtos de alimentación. Ademais, a OCU posicionanos como a cadea de supermercados galega preferida para comprar peixe e como a única compañía galega coas súas peixarías no top 10 a nivel nacional.
1767172264505.jpg)
Antes de rematar este ano, queremos compartir algúns dos fitos e datos máis relevantes das nosas iniciativas e impacto.
Medramos e xeramos emprego
A nosa gran aposta a nivel infraestrutura estratéxica en 2025 foi a nova plataforma de peixe de Pescarmar no Porto da Coruña. Unha edificación que favorece a optimización loxística da distribución e adquisición de peixe que se deseñou con altos estándares de sostibilidade ambiental e eficiencia enerxética, xerando 45 postos de traballo directo.
Este ano abrimos dous supermercados en Valladolid e en Vilanova de Arousa, xerando 42 e 49 novos empregos respectivamente, e trasladamos o Gadis de Vimianzo a unha nova localización, duplicando os postos de traballo e mellorando o servizo e a experiencia de compra.
Apoio á comunidade
En Gadis colaboramos con diversas entidades en iniciativas solidarias para promover o benestar, a cohesión social, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento socioeconómico en Galicia e Castela e León. Algunhas das máis salientables en 2025 son:
- 13ª campaña Maio Solidario. Cunha recadación de máis de 140.000 quilos de produto e 67.662 €, que se repartiron entre os 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León.
1767172757297.jpg)
- “Alimenta a amizade”. Cunha recadación de máis de 73.000 quilos de produto de alimentación animal e hixiene e máis de 18.500 € en achegas económicas, que se repartiron entre 79 protectoras de animais de Galicia e Castela e León.
- “A compra da túa vida” coa Asociación Española contra o Cancro (AECC). Cunha recadación de 34.149 € a favor da AECC.
- "A Gran Recollida” coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Cunha recadación de 220.000 quilos de alimentos e 82.331 € que se distribuíron entre os 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León.
- Compromiso con UNICEF. Continuamos felicitando o Nadal co Agasallo Azul, xerando unha achega económica para 15.057 nenos e nenas de países en emerxencia, favorecendo o envío de 5.019 kits de alimento terapéutico.
- 5º Foro Gadis coas ONG. Baixo a temática “O deporte como motor de cambio social”, máis de 200 representantes de organizacións de Galicia e Castela e León afíns participaron neste encontro para reflexionar, xerar sinerxias e intercambiar experiencias.
Iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa
A nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa céntrase en iniciativas culturais, deportivas e de desenvolvemento local. Durante o ano, impulsamos máis de 2.400 accións, entre as que destacan:
- No ámbito cultural. O Son do Camiño, Portamérica, o Festival de Ortigueira, Ouren Sound Fest, Vintoro de Zamora, a Feira Franca Medieval de Betanzos, a Festa do Polbo de Mugardos, a Festa do Albariño de Cambados, as Festas de Valladolid, o Festival de Cans, o Play-Doc, a Semana Internacional do Cinema de Betanzos ou o FIC Bueu, entre outros.
1767172225013.jpg)
- En deportes. Somos patrocinador oficial do Equipo Paralímpico Español desde 2007, apoiamos iniciativas como o Gadis Surf Festival ou a Regata Gadis e sumámonos a eventos como O Marisquiño, Pantin Classic, Copa de Galicia Kaiak de Mar, Circuito Coruña Corre, San Martiño de Ourense ou a Carreira Pedrestre de Santiago, entre outros.
Compromiso cos nosos grupos de interese
Ao longo do ano organizamos diferentes foros e eventos de carácter corporativo en diálogo cos nosos grupos de interese. Este 2025 destacamos os eventos “Pasado, presente e futuro do campo”, a cuarta xornada que organizamos para recoñecer o traballo das mulleres nas contornas rurais e “Mulleres dous Mares”, un encontro que conmemora o Día Internacional da muller no sector marítimo e que visibiliza o seu papel esencial en toda a cadea de valor.
Este ano, chegamos a máis de 26.500 estudantes de Galicia e Castela e León a través do noso programa educativo Alimentes, que traballa contidos sobre alimentación saudable, consumo responsable e sustentabilidade.
Más preto das metas globais
1767173017133.png)
En definitiva, este 2025 xeramos un impacto positivo na nosa contorna, contribuíndo ao desenvolvemento local, económico, e ambiental a través non só da nosa actividade económica, senón tamén de iniciativas de carácter solidario, educativo, cultural e deportivo. Avanzamos da man das nosas comunidades locais grazas á escoita activa e a unha visión global que favorece a consecución dunha sociedade máis inclusiva e sostible. Así, traballamos na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de maneira transversal e especificamente a través da nosa estratexia de RSC. Miramos ao 2026 como un ano de oportunidades, no que manter os nosos valores corporativos e apostar pola innovación como motor para o desenvolvemento económico e social.
Feliz aninovo!
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra