Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Pequenos cambios con impacto: hábitos saudables para o benestar das persoas e o planeta

10 SETEMBRO, 2025

Imagen Noticia Pequenos cambios con impacto: hábitos saudables para o benestar das persoas e o planeta

Coa chegada de setembro, aos poucos imos entrando de novo nas nosas rutinas. Acábanse as vacacións, comeza o colexio, a volta ao traballo… Pero tamén é momento de reencontros, de compartir as experiencias e aventuras dos últimos meses e de retomar o ritmo.

En ocasións, a inercia do día a día lévanos a resistirnos a incorporar novos hábitos que, con moi pouco esforzo, poden xerar un impacto positivo significativo, tanto nas persoas como na contorna. Nesta publicación compartimos algúns hábitos, recomendacións e propostas de cambio que se poden implementar coa chegada do outono para coidar da nosa saúde e tamén da do planeta.

Xestos sostibles para coidarnos e coidar o planeta

Estes son algúns pequenos xestos que podemos implementar para minimizar o noso impacto no medio e adoptar hábitos saudables:

  • Menú semanal e visitas ao supermercado para adquirir produtos frescos. Deseñar un menú semanal saudable e equilibrado é unha maneira de garantir unha ampla variedade nutricional. Se planeamos as nosas comidas con antelación, podemos mitigar tamén o desperdicio alimentario. Combinar unha compra semanal grande con visitas ao supermercado para adquirir produtos frescos permite minimizar o noso impacto no medio ambiente á vez que aseguramos unha maior calidade dos produtos. Ademais, se incorporamos receitas de aproveitamento, podemos evitar o desperdicio alimentario.

  • Mantén unha boa hidratación. A auga é un recurso vital para coidar do noso benestar e do do planeta. Beber aproximadamente 2 litros de auga ao día contribúe a reducir o risco de padecer enfermidades, favorece o benestar físico, aumenta a enerxía, mellora o descanso e a produtividade. A auga é un recurso moi prezado, imprescindible para as persoas pero tamén para o planeta. Por iso, é necesario realizar un consumo responsable e non malgastala.
  • Dieta equilibrada co Prato Alimentes. O Prato Alimentes é unha ferramenta visual de Gadis para o seu proxecto educativo Alimentes. Inspirado no Prato Harvard, contén un sinxelo esquema que mostra as proporcións adecuadas dos distintos grupos de alimentos e inclúe orientación sobre as racións diarias recomendadas.
  • Exercicio físico. Combinar unha dieta saudable cun estilo de vida activo é imprescindible para coidar da nosa saúde a longo prazo. Practicar deporte, priorizar medios de transporte que impliquen movemento, como camiñar ou ir en bicicleta, ten un impacto positivo directo na nosa saúde física e mental, favorece os nosos niveis de enerxía, fortalece o sistema inmunolóxico e a autoestima.

  • Hábitos de soño. Un bo descanso é fundamental para o benestar físico, mental e emocional. En función de aspectos como a idade, o estado de saúde ou o estilo de vida, é posible que necesitemos máis ou menos horas de soño. Durmir a cantidade de horas adecuada axuda a aumentar a enerxía e a produtividade, mellorando a saúde física, mental e emocional. Para conseguir un hábito de descanso saudable, é importante crear unha rutina de soño, ter un estilo de vida activo, crear un ambiente cómodo para durmir e evitar cafeína e pantallas nas horas previas ao descanso.
  • Desconexión dixital e tempo sen pantallas. No ámbito laboral, a desconexión dixital é un dereito das persoas traballadoras que lles permite salvagardar o tempo de descanso, a vida persoal e a conciliación. Implementar unha redución do tempo de pantallas axuda a reducir o estrés e a ansiedade, mellora a concentración, a produtividade, a calidade do soño e prevén o esgotamento dixital. Á súa vez, favorece as relacións persoais e as actividades físicas ou creativas que contribúen a mellorar a autoestima, a fortalecer os vínculos persoais e ofrecen interaccións positivas.

  • Compra e consumo responsables. Priorizar o consumo de alimentos frescos, de proximidade e ecolóxicos ten un beneficio directo na nosa saúde e tamén un impacto económico positivo nas comunidades locais. Comprar alimentos de tempada, de produtores locais e de orixe ecolóxica achega un maior índice de nutrientes, mentres ofrece un sabor máis potente e un menor impacto no medio ambiente durante o proceso de produción e compra.
  • Utilizar bolsas e envases reutilizables para os produtos frescos. Cada xesto conta e por iso en Gadis ofrecemos unha ampla selección de produtos a granel. Isto permite á nosa clientela escoller as cantidades que necesitan e reducir o desperdicio alimentario. Evitamos o plástico dun só uso e ofrecemos alternativas respectuosas co medioambiente para transportar os produtos. Temos opcións para todos os gustos e tamén vendemos bolsas de malla ou envases de cristal que se poidan reutilizar e minimizar o impacto negativo das nosas compras.

O impacto positivo dos hábitos saudables

Con pequenos xestos podemos xerar grandes cambios. Priorizar a saúde das persoas e o coidado do planeta debe ser unha prioridade para o desenvolvemento socioeconómico e para a loita contra o cambio climático. Con estes pequenos xestos achegámonos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables e ODS 13. Acción polo clima.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha