Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Calendario de tempada: que comer no outono.

29 OUTUBRO, 2026

Imagen Noticia Calendario de tempada: que comer no outono.

Hai unhas semanas que entramos no outono. As temperaturas empezaron a baixar, os días fixéronse máis curtos e a climatoloxía volveuse máis inestable. Se notaches a astenia outonal e sentes que a túa enerxía está máis baixa, é debido a que o teu corpo se está adaptando ao cambio de estación. Nestas semanas, é importante reforzar os hábitos saudables, especialmente aqueles vinculados á alimentación, o exercicio físico e o descanso, para reforzar o sistema inmunolóxico e preparar o corpo para estes meses con menos luz e máis tempo en interiores.

Nesta publicación, lembraremos que alimentos de tempada atoparás nas seccións de produto fresco de Gadis e por que é importante priorizar unha alimentación de tempada cando hai cambios de estación.

A importancia de comer de tempada este outono

Levar unha alimentación saudable e equilibrada é clave durante todas as estacións do ano. Con todo, coa chegada do outono e do frío, convén reforzar especificamente as achegas de vitamina C e de antioxidantes, que fortalecen o sistema inmunitario, e de vitamina A (betacarotenos), clave para o coidado dos ollos e a pel. Tamén as vitaminas do grupo B axudan a que o corpo extraia a enerxía dos alimentos, e é recomendable consumir fibra e minerais como potasio, magnesio e ferro.

Para conseguilo, só hai que consumir alimentos de tempada, aqueles que alcanzan o seu punto óptimo de maduración entre finais de setembro e decembro. Os produtos propios desta época do ano —froitas, verduras e hortalizas— achegan unha ampla selección de nutrientes necesarios para combater as enfermidades estacionais e para que te sintas forte e con enerxía na volta á rutina.

Ademais, ao consumir alimentos de tempada, non só se coida a saúde, senón que tamén se minimiza o impacto negativo no medio ambiente. Optar por produtos de proximidade limita os desprazamentos e o consumo de enerxía, mentres contribúe positivamente á economía local.

Alimentación outonal

Pero entón que vas atopar en supermercados Gadis durante os próximos meses? En Gadis énchenos de orgullo contar cunha ampla variedade de produtos de tempada, de calidade e de orixe local. Entre a nosa selección, tamén poderás atopar produtos ecolóxicos con ofertas típicas das rexións nas que operamos. Na nosa web poderás consultar o calendario que agrupa os alimentos segundo a súa tempada.

No repertorio de froitas, o outono é o momento da mazá, a pera e a uva, ás que se suman o caqui e o kiwi en outubro, mentres que mandarinas e laranxas chegan en novembro e o pomelo a finais de ano. As mazás e as peras convén comelas con pel pola súa alta achega de fibra (que favorece o tránsito intestinal). O caqui destaca polo seu contido en fibra e en provitamina A, e o kiwi, mandarina e laranxa son unha boa fonte de vitamina C, imprescindible cando empezan os arrefriados.

Que sería do outono sen a castaña? O froito seco máis típico da tempada que achega hidratos de absorción lenta, fibra, potasio e vitaminas do grupo B. Máis aló da súa achega nutricional, a castaña destaca pola súa gran presenza na cociña tradicional, especialmente ao redor dos magostos, festividades típicas en Galicia e Castela e León, nas que se asan e son o centro da celebración.

A horta de outono é a das follas e as coles. Chegan espinacas, acelgas, repolo, lombarda, coliflor e brócoli, e, a partir de novembro, os grelos xunto a clásicos como o allo porro, o apio, a cenoria, a cabaza ou a berenxena. As verduras de folla verde achegan folatos, vitamina K e minerais como magnesio e ferro. As coles suman vitamina C e compostos antioxidantes, e o brócoli é unha das hortalizas con máis valor nutricional. A cenoria e a cabaza son ricas en vitamina A e ofrecen unha gran oportunidade para probar as receitas e celebrar o samaín galego.

Ademais, estamos na estación dos cogomelos, protagonistas dos primeiros días de frío, que teñen un baixo índice calórico, fibra, vitaminas do grupo B e minerais. Destacan pola súa versatilidade na cociña, xa que combinan con case todo, desde un revolto ata un arroz.

O impacto positivo da alimentación outonal

Comer de tempada é unha forma sinxela de coidarche e de coidar a contorna ao mesmo tempo. Estes alimentos chegan con máis sabor e mellor textura, percorren menos quilómetros e axudan a soster a produtores e produtoras locais. Manter unha alimentación equilibrada é importante todo o ano, pero no outono merece unha atención especial, coa chegada do frío e a redución das horas de luz. O corpo agradece pratos máis reconfortantes, con verduras, froita fresca e legumes que achegan vitaminas, fibra e enerxía de xeito constante.

En Gadis poñémoscho doado. Este outono atoparás unha ampla selección de produtos de tempada, con especial presenza dos de orixe local, tanto nas nosas seccións de produto fresco como nos lineais de envasados.

O noso compromiso cos produtores e as produtoras locais e cos produtos de tempada permítennos contribuír á consecución das metas do ODS 3. Saúde e benestar e do ODS 12. Produción e consumo sostibles.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha