Propiedades e beneficios da alga nori

Fecha: Decembro 30, 2019

Aínda que seguen a ser unha gran novidade, a verdade é que cada vez máis persoas amosan o seu interese nas algas e engádenas nas súas receitas. Unha das máis utilizadas é, sen dúbida, a alga nori e como seguramente escoitarías moito sobre ela, hoxe vamos a resolver as túas dúbidas explicándoche as propiedades da alga nori, así como os seus beneficios.

España aínda está moi lonxe dos niveis de consumo de algas de Xapón, que é o país número 1 do mundo nese sentido. Sen embargo, as cantidades que inxerimos crecen ano a ano e agora xa podes engadilas sinxelamente á túa cociña tras facer a túa compra en Gadis.

As algas son plantas que contan exactamente co mesmo ciclo cas terrestres. A diferenza é o seu hábitat, que pode ser auga doce ou salgada. Hai variedades de algas que son máis coñecidas ca outras, coma, por exemplo, a espirulina, o fucus ou o kombu. Pero a alga nori é extremadamente interesante, especialmente polo seu aporte nutricional.

Propiedades da alga nori

Antes de analizar os seus beneficios, é interesantes coñecer exactamente as propiedades da alga nori, a través dos seus valores nutricionais. Son os seguintes (por cada 100 gramos):

  • 117 kilocalorías.
  • 43.1 carbohidratos.
  • 29 gramos de proteínas.
  • 0.3 gramos de graxas.
  • 34 gramos de fibra.
  • 0.3 gramos de sodio.
  • 0.2 gramos de potasio.
  • 0.03 gramos de calcio.
  • 0.02 gramos de fósforo.
  • 36 miligramos de vitamina A.
  • 12 miligramos de vitamina C.

alga nori beneficios

Beneficios da alga nori

Un dos primeiros beneficios a destacar da alga nori é a súa efectividade en casos de hipotiroidismo. Non é unha solución única que cure o problema, pero o seu alto contido en iodo axuda a evitar o aumento da glándula tiroide ou a súa infección.

Esta alga tamén é coñecida por axudar a eliminar as graxas do sangue, evitando así niveis altos de colesterol. Isto débese ó seu alto contido en fibra, que move o colesterol ás feces. É rica en proteínas, vitaminas e minerais. Especialmente na C, aportando até un 10% da Cantidade Diaria Recomendada.[:]