Cotraindicacións dos probióticos, son tan bos como din?

Fecha: Novembro 5, 2020

Existe moita información sobre os probióticos. Son realmente tan bos? Pódense tomar todos os días? Teñen efectos negativos? Desde Gadis vamos contarche con máis detalle como consumilos de forma saudable.

Máis ou menos todos temos claros os beneficios dos probióticos. Poden ter un efecto de reinicio positivo no intestino, evitar as bacterias malas, eliminar restos de antibióticos, axudar na dixestión, promover a curación intestinal e protexer de virus e enfermidades. Pero, teñen algún lado negativo?

Pódese tomar probióticos todos os días?

Se nos referimos ós probióticos en forma de medicamento, hai que ter coidado, xa que certas cepas e aditivos poden empeorar ás persoas. O obxectivo de tomalos é mellorar a saúde intestinal, pero moitos no mercado conteñen ingredientes que en realidade poderían facer o contrario.

Especialmente se es sensible, certas cepas que se atopan nos probióticos poden causar acidose ou reacción de histamina. Moitas persoas tamén son sensibles ós prebióticos e outros ingredientes engadidos coma inulina, maltodextrina, estearato de magnesio, sílice, dióxido de titanio, etc.

Por outro lado, o noso intestino debería ter entre 500 e 1000 especies de bacterias vivindo nel. Sen embargo, a maioría dos probióticos xeralmente teñen menos de 10 especies de bacterias en total, que estarías introducindo en cantidades extremadamente altas se tomas probióticos todos os días. É posible que tomar un só tipo de probiótico a largo prazo sexa exactamente o contrario do que queremos.

O que si se considera como positivo é o consumo de alimentos fermentados todos os días. Isto supón unha excelente maneira de introducir bacterias beneficiosas no teu corpo. Se os complementas con suplementos, o mellor sería tomalos de 1 a 3 veces por semana e mesmo de vez en cando tomarse 1 ou 2 semanas de descanso.

Teñen efectos negativos os probióticos?

Xa vimos os amplos beneficios dos probióticos, pero tamén poden ter algún efecto negativo. Por exemplo, poden atafegar o ecosistema intestinal con poucas especies de bacteria, creando un monocultivo. Tamén poden construír un entorno temporal no teu sistema a diario porque non poden colonizar o intestino humano.

Consumidos a diario, os probióticos poden provocar tamén inchazón, gases e náuseas. O resumo é que se deben tomar, pero non todos os días e que debes priorizar o seu consumo a través de produtos naturais que en forma de suplementos.