Alimentes Dixital: nova plataforma formativa

Fecha: Febreiro 1, 2021

Hoxe lanzamos a nosa nova plataforma formativa para todo o profesorado de Galicia e Castela e León de Segundo Ciclo de Infantil e Educación Primaria. Chegou Alimentes Dixital! Desde Gadis levamos apostando pola educación de calidade en hábitos saudables desde hai máis de 20 anos, con diversas propostas educativas como formacións, talleres, actividades nos hipermercados ou o propio programa educativo Alimentes. Visitas escolares a supermercados Gadis dirixido a profesorado de diversas zonas de Galicia e Castela e León.
Agora poñémolo ao dispor de todas as profesoras e profesores de Educación Infantil e Primaria en formato dixital. Os tempos cambiaron moito desde que o coronavirus impactou nas nosas vidas e os educadores e educadoras souberon adaptarse a todos os retos educativos que se lles expuxeron, Alimentes dixital chega para ser un completo recurso didáctico que enriqueza as horas lectivas ou as tarefas ou deberes para o fogar. Imos alá!

Que é Alimentes dixital

Alimentes é o programa educativo de Gadis orientado ao profesorado de Segundo Ciclo de Infantil e aos tres niveles de Educación Primaria, que versa sobre catro piares fundamentais para unha vida sostible: alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e a redución do desperdicio alimentario. Ata o ano pasado, o programa compoñíase de manuais para docentes e fichas para alumnado, que se completaban cunha visita a un supermercado Gadis das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, área do Barbanza, Vigo, Lugo, Ourense, Ponferrada, Valladolid, Salamanca e Palencia. Ademais, o resto de profesorado doutras localidades podía atopar o material nunha web específica, #Gadisescuela, e descargalo.
Na actualidade esta modalidade segue vixente, pero cos novos desafíos asociados á educación puxemos en marcha un novo mecanismo formativo para o profesorado e o alumnado de Galicia e Castela e León, co obxectivo de seguir potenciando os hábitos sostibles a través da cadea dos alimentos e mantendo os catro eixes para unha vida sostible de forma transversal ( alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e a redución do desperdicio alimentario).
Alimentes dixital é unha completa plataforma en liña con 10 unidades didácticas ao redor da cadea dos alimentos. A inscrición realízase a través dun sinxelo cuestionario no que se dá de alta o colexio e a cada clase (este último paso é moi importante para conseguir o premio final do PRATO ALIMENTES). As unidades didácticas están adaptadas ao currículo oficial de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León, separados por niveis educativos e distribuídos da seguinte forma:
Segundo ciclo de Educación Infantil, unidades didácticas fundamentadas nos seguintes decretos: Decreto 330/2009 de Galicia e Decreto 122/2007 de Castilla y León.
Primeiro e segundo de Educación Primaria, unidades didácticas coa base nos decretos propios para Galicia, Galicia, Decreto 105/2014 e Castilla y León, Decreto 26/2016.
Terceiro e cuarto de Educación Primaria, fundamentados nos mesmos decretos anteriormente citados (Galicia: Decreto 105/2014 e Castela e León: Decreto 26/2016).
Quinto e Sexto de Educación Primaria: (Galicia: Decreto 105/2014 e Castela e León: Decreto 26/2016).

Contidos didácticos de Alimentes dixital

Cada un dos 10 pasos da cadea dos alimentos (a lonxa, a agricultura, a gandería, os almacéns, a chegada da mercadoría a tenda, a froitaría, a peixaría, os lineais, a caixa e a casa) constitúen unha unidade didáctica con bloques educativos centrados en temas, principalmente, de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Cada unha destas páxinas web para o profesorado contén:
Contido en formato texto para contextualizar o resto da unidade didáctica e o vídeo situado no bloque posterior. Para cada ciclo educativo están as áreas troncais ás que pertencen, o bloque ao que corresponden e os obxectivos didácticos para esa unidade.
Un vídeo didáctico. Os vídeos duran 4 minutos e cada minuto corresponde a un nivel educativo, está indicado cunha portada que separa os niveis. Está construído de forma acumulativa, polo que, os alumnos de 5º e 6º de primaria terán que ver os vídeos completos.
Ficha interactiva de traballo para o alumnado. Está pensada para ser desenvolta polo alumnado ben na aula, ben na aula de informática ou como tarefa para levar a casa. O contido e a forma está tamén adaptado ao nivel educativo e os obxectivos formulados para o bloque.
Máis recursos. Ligazóns a publicacións e contidos de interese relacionados co tema concreto da unidade didáctica que se está tratando.
Desta forma explicar que é un produto ecolóxico, que é a pegada de carbono ou como debemos almacenar e tratar os residuos en casa vólvese máis divertido e ameno. Ademais, existen páxinas propias para o alumnado de cada nivel educativo. A web ten un rexistro individualizado para cada profesora ou profesor, no que poderán rexistrar todas as súas clases participantes. Neste apartado, denominado O meu perfil, existe unha ligazón privada para cada clase. Para acceder a el, débese copiar e abrir nunha pestana nova ou de incógnito na que non estea a sesión iniciada. Desta forma, accederase á páxina de contidos exclusiva para o alumnado de cada nivel.

Completar Alimentes dixital ten premio: PLATOS ALIMENTES para toda a clase

Cada mes as clases que completen o programa, a través dun botón no apartado do Meu Perfil do profesorado, optarán a levar o agasallo do PRATO ALIMENTES. O Menú Saudable.
Unha vez que se rematan as 10 unidades didácticas aparecerá unha pestana de confirmación ou ben, no menú “O meu perfil” do profesor un botón específico, que en canto se acepte, automaticamente a clase entrará a formar parte dunha clasificación mensual de colexios para todas as clases completadas entre febreiro e maio de 2021. Segundo as unidades dispoñibles, iranse realizando os envíos dos PRATOS ALIMENTES aos centros por orde de finalización. Non hai que desanimarse pois se non se entra na clasificación dun mes, é moi probable que se entre no seguinte mes. Hai oportunidades ata maio!
Levamos moitos meses traballando nestes contidos de calidade para potenciar o coñecemento da sostibilidade nas escolas. Gustaríache abordar estes asuntos con materiais exclusivos? Apúntate a Alimentes Dixital na nosa web!