Alimentes Dixital: a cadea dos alimentos

Fecha: Febreiro 8, 2021

Este ano empezámolo coas baterías cargadísimas! Hai uns días contabámosche que estreamos unha nova plataforma educativa totalmente dixital para que o acceso a contidos relacionados con alimentación saudable, vida activa e sostibilidade sexan máis accesibles este ano.
Desde hai moitos anos realizabamos visitas aos supermercados Gadis con nenos e nenas de educación infantil e primaria. Agora, transformámolas en Alimentes dixital, un completo programa educativo dixital con vídeos, contidos e actividades interactivas a través de 10 pasos da cadea dos alimentos. Ven a descubrila!

Alimentes dixital e a cadea dos alimentos

Alimentes dixital é unha plataforma educativa en liña con contidos adaptados ao currículo de Segundo Ciclo de Infantil e aos tres niveles de Educación Primaria e está orientado para que os e as profesoras poidan traballar na aula ou a distancia co alumnado. Contén dous itinerarios:
O acceso de profesorado. Unha completa guía por niveis educativos con todos os recursos sobre a cadea dos alimentos.
O acceso de alumnado. Tras o rexistro da clase de cada profesor ou profesora hai un enlace exclusivo para o alumnado, con información única do seu nivel e cun deseño máis intuitivo.

Todos os contidos versan sobre a cadea dos alimentos, desde a orixe no mar, campo ou granxas, ata chegar aos nosos fogares. En total son 10 etapas educativas nas que se tratan conceptos de sostibilidade como os alimentos de proximidade e de tempada e o seu beneficio para o medio ambiente ou a necesidade de diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro, as formas de controlalo e a medición de pegada de carbono. Nas unidades didácticas faise mención ás persoas profesionais que desenvolven os traballos como as agricultoras e agricultores ou as peixeiras e peixeiros.

Os 10 pasos da cadea dos alimentos de Alimentes Dixital

Como chega un tomate desde a horta á nosa casa? Como chega o peixe aos supermercados Gadis? ou como se optimizan os recursos para unha menor emisión de gases? Todas estas preguntas teñen a súa resposta no programa Alimentes Dixital a través das diferentes etapas da cadea dos alimentos: a produción (lonxa, agricultura e gandería), almacéns e transporte, supermercado (peixaría, froitaría, lineais e caixa) e, por último, a chegada á nosa casa. Vaiamos paso a paso:
1. A lonxa. A lonxa é un lugar frenético! Desde primeira hora da mañá os barcos e provedores chegan cargados de todo tipo de peixes e mariscos. Aquí os compradores e compradoras de Gadis encárganse de seleccionar os mellores produtos. Ademais, da importancia dunha boa selección de produto, nesta unidade didáctica, revísase a pesca de baixura, a pesca de altura, a acuicultura e, concretamente, o cultivo do mexillón, todo iso adaptado a cada nivel educativo.
2. A agricultura. Que fariamos sen as froitas e as verduras! Grazas a esta unidade didáctica sabemos que as froitas e as verduras deben ser a metade de cada unha das nosas comidas principais. Tamén se afonda no ciclo de vida das plantas, nos cultivos ecolóxicos e nos alimentos de tempada.
3. A gandería. Grazas ás granxas podemos comer carne, embutidos, lácteos ou ovos, pero o traballo das explotacións gandeiras é moi intenso, xa que os animais requiren moitos coidados. A gandería ecolóxica é outra variable e a de proximidade e sostible axuda a mitigar os efectos do cambio climático.

4. Os almacéns. Mercaverde e almacén xeral. Unha vez que os produtos foron colleitados ou transformados, chegan aos almacéns. En Gadisa existen dous tipos de almacéns: o de produto fresco, onde van as froitas e verduras e outros produtos refrixerados, e o almacén xeral, co resto dos produtos envasados que non necesitan frío. Nesta unidade didáctica trabállase a loxística e o almacenamento.
5. Chegada a un supermercado Gadis. Os produtos chegan aos supermercados Gadis en camións, tras a petición dos encargados e encargadas a través dunha lista da compra o día anterior. Trabállanse os conceptos das profesións, do funcionamento dun supermercado e a optimización das rutas de transporte.
6. Froitaría. O espazo con máis cor e cheiro dun supermercado! Na unidade didáctica da froitaría trabállanse os conceptos da alimentación saudable, reforzado coas recomendacións do Prato Alimentes. O menú saudable, e da importancia de comprar aquilo que imos consumir para xerar un menor número de residuos.
7. Peixaría. O peixe entra dentro das proteínas saudables do Prato Alimentes. O menú saudable e trabállanse as bases dunha dieta saudable, a diferenza entre peixe branco e azul e o problema da obesidade na nosa sociedade.

8. Lineal. Os lineais son os andeis dos corredores dos supermercados e hai de todo tipo. Co obxectivo de fomentar hábitos saudables, esta unidade didáctica céntrase en legumes, arroces, pastas e conservas de peixe, verduras e froitas. Ademais, faise un repaso á lectura das etiquetas nutricionais.
9. Caixa. Pasar por caixa é un recurso educativo moi interesante, xa que se pon de relevo as diferentes formas de pago e concienciase sobre a importancia de reducir os residuos, a través de bolsas de compra reutilizables e outros sistemas beneficiosos para o planeta.
10. Casa. O momento no que chegamos a casa é aquel no que debemos almacenar e conservar adecuadamente os alimentos para evitar o desperdicio alimentario. Ademais, na unidade didáctica, ofrécense consellos para unha correcta separación selectiva dos residuos.

A súper viaxe dos alimentos! Se es unha escola podes inscribirte no programa a través da páxina de GadisEscuela. Desta forma, afondarás en conceptos transversais á alimentación como o desperdicio alimentario, a produción sostible, ecolóxica, o coidado do planeta a través da redución de emisións e a conciencia sobre a produción de alimentos.
Que che parecen as dez unidades didácticas que preparamos para o profesorado e o alumnado de Galicia e Castela e León? Esperamos que as goces moito!