Alimentes, a nosa contribución ao Día Internacional da Educación

Fecha: Xaneiro 19, 2023

O próximo 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación, unha data instaurada, en 2019, pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas para concienciar á cidadanía sobre o papel que desempeña a educación na paz e no desenvolvemento do planeta. De acordo con esta institución, sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, non se logrará alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Entre outros motivos, porque sen oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas, é imposible lograr a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa a moita xente atrás.
O compromiso de Gadis coa educación é unha dos nosos acenos de identidade. Levamos máis de 20 anos creando iniciativas que apostan polo fomento dos hábitos saudables e a sustentabilidade a través da posta en marcha de diferentes propostas aliñadas cos currículos educativos, pero tamén coa Axenda 2030. Por iso, non podiamos deixar de unirnos ás celebracións desta quinta edición, cuxo lema é “Investir nas persoas, priorizar a educación”. Hoxe imos compartir algúns datos sobre a situación actual e sobre o impacto do noso programa Alimentes na comunidade educativa. Queres saber máis? Segue lendo!

Investir nas persoas, priorizar a educación

Segundo os datos da UNESCO, na actualidade, 244 millóns de nenos, nenas e mozas están sen escolarizar e 771 millóns de adultos son analfabetos. En España, a taxa de alfabetización está próxima ao 98% e observouse un descenso do abandono escolar temperán. Con todo, tendo en conta que a educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva, é urxente priorizar a educación para acelerar o progreso cara á consecución dos ODS. Nun contexto marcado polas consecuencias da pandemia, a desaceleración económica, o cambio climático e as desigualdades sociais, é necesario mobilizar a todos os axentes implicados na educación para traducir os compromisos e as iniciativas globais en accións.
O pasado setembro, celebrouse o Cume das Nacións Unidas sobre a Transformación da Educación en resposta á crise mundial da educación en materia de igualdade, inclusión, calidade e pertinencia. Durante a mesma, insistiuse en que é hora de transformar a educación para evitar o efecto devastador no futuro dos nenos, as nenas e os mozos de todo o mundo e alcanzar un desenvolvemento sostible. De feito, o ODS 4 ten como obxectivo concreto garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas e todos antes do ano 2030.
Neste sentido, en Gadisa non só contribuímos ao fomento e o investimento en educación de maneira interna, senón que tamén apostamos pola educación a nivel externo. Ese compromiso materializouse no noso programa Alimentes, que se ven consolidando como un recurso de referencia para a educación en sustentabilidade entre as comunidades educativas de Galicia e Castela e León.

Alimentes, a nosa contribución ao Día Internacional da Educación

Alimentes é o programa educativo de Gadis orientado ao profesorado de infantil e primaria de Galicia e Castela e León. Iniciouse como un programa de visitas escolares aos nosos establecementos e, co tempo, foi evolucionando cara un programa pola sustentabilidade, co deseño de material didáctico que contribúe á formación en hábitos saudables e responsables. No ano 2020, como resposta á situación de emerxencia sanitaria, transformamos Alimentes nunha plataforma formativa en liña, Alimentes Dixital. O obxectivo desta ferramenta é seguir potenciando os hábitos sostibles a través da cadea dos alimentos e mantendo os catro eixos para unha vida sostible (alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e a redución do desperdicio alimentario) de forma transversal. E neste curso 2023 volvemos a retomar as visitas presenciais.
En Gadis queremos contribuír á aceleración da consecución dos ODS coa xeración de distintos recursos e formatos para abordar de maneira amena diversos temas educativos. Pero tamén nos preparamos para poder efectuar con presteza as transformacións que esixen os retos que afrontamos como sociedade. Por exemplo, co lanzamento do prato ALIMENTES. O menú saudable. Inspirado no Prato para Comer Saudable da Universidade de Harvard, esta guía visual para as comidas principais do día pretende ser unha ferramenta para apoiar a educación alimentaria ante os datos preocupantes sobre o sobrepeso e a obesidade infantil no noso país. De acordo co informe da OMS, España é o terceiro país europeo con maior prevalencia de sobrepeso e o cuarto en obesidade infantil. Con este prato, que, ademais, envíase como obsequio ao alumnado e profesorado que completa as unidades didácticas de Alimentes Dixital, poden coñecer as proporcións adecuadas de consumo de cada grupo de alimentos.
Miles de escolares xa visitaron asnosas intalaciones e Alimentes continúa en constante crecemento. Desde a posta en marcha da primeira edición da plataforma dixital, xa formou a máis de 26.000 escolares e 1.200 profesores e profesoras, que recibiron o seu kit do Prato Alimentes:
– 26.470 alumnos e alumnas
– 1.241 docentes
– 671 centros educativos
A edición 2022/2023 xa está en marcha! Se es docente de infantil e primaria nalgún centro de Galicia ou Castela e León, podes participar rexistrándote na plataforma. Non esquezas confirmar o rexistro a través da mensaxe que recibas para ter acceso a todo o material dispoñible! Queres celebrar o Día Internacional da Educación uníndose a Alimentes Dixital 2023?