ALIMENTES 2020: nuevas fichas para primaria

Fecha: Xaneiro 10, 2020

Tras os excesos do Nadal chega o momento de volver ao traballo e ao cole 😊
Aos poucos toda a familia vai recuperando a rutina cos horarios, as comidas e as actividades extraescolares. Desde Gadis é un dos momentos do ano máis especiais xa que, entre outras actividades, poñemos en marcha ALIMENTES as visitas escolares a supermercados Gadis. Ao longo do ano máis de 8.000 alumnos e alumnas visítannos co obxectivo de aprender sobre alimentación saudable, actividade física, consumo responsable e desperdicio alimentario. Ademais, este ano iniciámolo con fichas renovadas para o alumnado de primaria. Queres saber máis de Alimentes e os seus materiais? 👇

Alimentes: visitas escolares a supermercados Gadis

En Gadis temos un forte compromiso coa sustentabilidade e con ofrecer aos nosos grupos de interese a máxima información sobre como manter hábitos de vida saudable, entre os que incluímos unha correcta alimentación. Proba diso son as múltiples opcións que ofrecemos aos nosos clientes: produtos locais e de tempada, acordos beneficiosos para máis de 900 provedores locais e unha infinidade de accións para promover hábitos sustentables. Entre elas, podemos destacar o tráiler de Alimentación Saudable e Consumo Responsable, unha exposición que durante tres meses ao ano percorre as principais cidades de Galicia e Castela e León co fin de divulgar de forma amena aspectos relacionados coa sustentabilidade para o planeta e para nós mesmos. Ademais, tamén colaboramos con centos de asociacións e colectivos en carreiras populares, eventos de cociña, talleres nutricionais, etc. Estamos seguros de nos atopastes nalgunha destas actividades.
Pero sen dúbida una das actividades que máis nos emociona é Alimentes, as visitas escolares aos supermercados Gadis. É unha actividade que nos emociona porque de xaneiro a xuño recibimos a máis de 8.000 escolares nos nosos supermercados e iso supón un orgullo para todos os compañeiros e as compañeiras. A infancia é unha das etapas da vida máis cheas de ilusión e de creatividade e fainos moi felices poder mostrarlles aos escolares de Galicia e Castela e León como entendemos a alimentación saudable e o consumo responsable desde o corazón da nosa actividade. Levamos máis de 15 anos realizando visitas escolares cun programa completo de materiais didácticos para os profesores e os alumnos, pero seguimos innovando, e este ano, ofrecemos novas fichas para primaria. Imos coñecelas máis!

Fichas de traballo das visitas Alimentes

As fichas de Alimentes están deseñadas para que as profesoras e os profesores dos centros educativos de Galicia e Castela e León que nos visiten traballen previamente na aula. Con iso conséguese que os pequenos estean motivadísimos nas visitas e, por suposto, fixar todos os conceptos relacionados cos catro eixos temáticos que tratamos: alimentación saudable, actividade física, consumo responsable e desperdicio alimentario. Pero, ademais, as fichas están ao dispor do resto de profesorado e público xeral no apartado da nosa web Gadis Saudable, na sección #GadisEscuela. Así serven de recurso para todos: pais en apertos, profesores creativos ou mesmo avós en días de choiva.
Neste curso 2019-2020 fixéronse novas fichas de Alimentes para os tres niveis de primaria, co obxectivo de que as visitas sexan máis completas e diversas. Desagregámosvos as fichas:
1. Novas fichas Alimentes de 1º e 2º de primaria:
Nas novas fichas de Alimentes de primeiro ciclo de primaria atopámonos con catro exercicios adaptados ás idades de 6 e 7 anos. Por exemplo, o primeiro dos exercicios está orientado ao consumo responsable e a como detectar ser máis sustentables co planeta. E o segundo dos exercicios fomenta a alimentación saudable, tendo que seleccionar aqueles produtos máis beneficiosos para a nosa saúde. Os exercicios traballan transversalmente a psicomotricidade e as matemáticas. Podes consultar as fichas de 1º e 2º de Alimentes en #GadisEscuela.

2. Novas fichas Alimentes de 3º e 4º de primaria:
No segundo ciclo de primaria os escolares xa teñen entre 8 e 9 anos, polo que, os contidos que se lles facilitan han de ser adaptados a esta idade e cun nivel de complexidade maior en comparación co nivel anterior. Nesta ocasión, os catro exercicios propostos nas fichas de Alimentes de 2º ciclo de primaria son: un sudoku que traballa a competencia matemática e a alimentación saudable, un diario da actividade física, un exercicio sobre o desperdicio de produtos e a separación selectiva e unha actividade de relacionar frases sobre o consumo responsable. Podes consultar as fichas de 3º e 4º de Alimentes en # GadisEscuela.

 
3. Novas fichas Alimentes de 5º e 6º de primaria:
Os alumnos de terceiro nivel de primaria teñen 10 e 11 anos, polo que, son os maiores do colexio. Isto convérteos nos máis experimentados e curiosos, por iso, as súas fichas de Alimentes están orientadas á investigación. Os exercicios tratan de elaborar un menú equilibrado, reflexionar a través de entrevistas sobre actividade física ou o respecto do medio ambiente coa loita contra o desperdicio alimentario. Se queres coñecer as fichas de 5º e 6º de Alimentes en profundidade non dubides en descargalas.
 
Esperamos que vos animedes a descargar e poñer en práctica os exercicios das fichas de Alimentes, o programa de Gadis de visitas escolares a supermercados. Encantaranos saber como o pasan os vosos fillos e fillas e invitámosvos a que compartades en redes sociais a experiencia, etiquetádesnos en Instagram (@gadis.supermercados)?