Tendencias de deporte en familia

Fecha: Outubro 8, 2018

Facer deporte en familia é unha das formas máis sas de relacionarse. É compartir un espazo coas nosas persoas favoritas fóra das catro paredes nas que vivimos, pero… que é o que realmente podemos facer?

Beneficios de facer deporte en familia

Manter unha vida activa e unha alimentación saudable son as bases para unha longa e feliz existencia. Nada mellor que compartilo cos nosos seres queridos! Incluír desde a máis tenra infancia o hábito do exercicio físico é un dos maiores agasallos para a nosa descendencia. Aínda que igual tamén somos capaces de liar a algún ascendente que se queira poñer en boa forma 😉
Por que facer deporte en familia é o mellor do mellor:

  • Axuda a crear un hábito saudable desde a infancia.
  • Mantémonos en forma e estamos máis vitais.
  • Aumenta a confianza entre os membros da familia.
  • Brinda un espazo para compartir fóra das tensións diarias.
  • Conectamos a un nivel máis profundo grazas á segregación de endorfinas ao mesmo tempo.
  • Saímos dos roles habituais (nai-pai=autoridade) e permitimos outras realidades.

E agora que xa sabemos que son todo vantaxes… cales son as opcións?
 

Bicicleta en familia 

Esta opción vai de primeira porque é das máis sinxelas de pór en práctica. Ademais, dise que é algo que nunca se esquece. Será certo? Se hai séculos que non colles unha bicicleta é hora de comprobalo. Se xa tes o costume pois só queda implicar aos demais.
O bo da bicicleta é que podemos practicar a diario, non só como deporte senón tamén como transporte. Noutros países europeos é súper normal levar a bebés en bicicleta. Ben nun remolque adaptado, ben nunha silliña posta na bici ou un caixón dianteiro. Estas bicicletas con caixón dianteiro son súper curiosas e moi comúns en países como Alemaña, Holanda ou Dinamarca para levar a varios nenos á vez. Outra recente innovación é o carriño de bebé que pode transformarse en bicicleta. Aquí podedes botarlle unha ollada ao invento. Se os peques xa están en idade de ter a súa bici propia, aproveitade! Polas cidades cada vez hai máis carrís bicis e polo bosque carreiros ben sinalados con diversas dificultades. Un planazo para as vacacións é marcarse un camiño de Santiago en bicicleta, súper aventura familiar para o recordo!

Patinar en familia

Velaquí unha moda en auxe. Se vos fixastes, nas cidades cada vez vese a máis grupos patinadores. A maior parte de peques aprenden pronto a patinar e encántalles! Mellor aínda se o que controlan é o patín. Nada mellor que nós non teñamos nin idea e que sexan eles os nosos mestres. Darlles a oportunidade aos nosos fillos de ensinarnos cousas, axuda a cambiar o poder de lado e equilibrar a relación. Desta maneira é máis sinxelo que podamos ter charlas en confianza, porque non sempre nos estarán vendo como a figura de autoridade. Ademais, ensinarlles a nosa vulnerabilidade é un relagalazo. Aprender que ser adulto non é ter todas as respostas e que sempre hai que seguir aprendendo.
Cos patíns podemos decantarnos polos de 4 rodas de toda a vida ou en liña, que a verdade xa non son ningunha novidade. Ou polo patín. É certo que se tes o costume de andar coas 4 rodas e posche uns patíns en liña…o máis normal é que caias con de morros. Bo, esperemos que poñas as mans. A razón reside na roda de freado dianteira que no caso dos de liña convértese nun freo traseiro. De maneira que, se vas frear poñendo o peso cara ás puntas non hai goma que che ampare. As risas están aseguradas. Imprescindible o casco e as xeonlleiras 😉
 

Running en familia.


O running ou o que toda a vida chamouse “saír a correr” parece que non pasa de moda. É unha actividade que se toma á lixeira pero que require dun bo adestramento e forma física para empezar. Están a darse casos de importantes lesións e ata infartos en carreiras longas. Así que é importante ir amodiño e con boa letra.
Se xa temos o costume de ir correr, entón non hai problema. É máis, existe unha tendencia entre nais novas (e pais) que é o running con carriño de bebés. Estas mulleres, que xa eran corredoras antes de dar a luz, póñense en forma cos seus peques. En Estados Unidos é toda unha sensación e hai carriños especializados para cada terreo. Non é o mesmo se corres por cidade en chan que pola montaña. Para esta práctica é importante esperar aos 6-9 meses de idade do bebé para non forzar os seus cervicais. A partir de aí, a gozar! Existen ata maratóns (42 quilómetros) que se pode participar con carriño de bebé. O récord Guiness pertence a Dianna Chivakos de Westford, Massachusetts, tan só 3 horas 10 minutos e 26 segundos. Toma xa! Poderías batelo?
 
E vós, que deportes facedes en familia?