
Polo en prebe cremoso con tomates cherry
Unha das receitas máis exquisitas do meu receitario é este POLO EN PREBE CREMOSO CON CHERRYS, o prato favorito dos meus fillos desde sempre. Aínda que nesta receita utilicei zanquiños, resulta ideal facela con peituga cortada en anacos.O prebe é dos que piden a berros un bo pan preto e, se ben se pode acompañar de patacas fritidas, a pasta é a compañeira perfecta que te empurrará a repetir.O fantástico deste delicioso prato é que a pesar de ser tan rico, resulta baratiño e, aínda que eu sempre o fago para un domingo e se veñen os meus fillos con máis razón aínda porque tolean por el, non é destas receitas que te deixan tremendo a carteira. Como é norma na miña cociña, todos son ingredientes habituais que eu merco sempre en GADIS, o meu supermercado de sempre.Anímovos a desfrutar desta receita coa vosa familia e cos amigos.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Racións 4 persoas
Ingredientes
- 8 zanquiños de polo (1kg)
- 1 machea de tomates cherrys
- 1 diente de allo
- 100 ml de viño blanco
- 300 ml de nata vexetal
- 100 ml de auga
- 1 culleradiña de ají ou chile en po
- Sal
- Pementa negra
- 150 g de 4 queixos
- 1 culleradiña de bovril de verduras
- 4 culleradas sopeiras de Ketchup
Para acompañar
- 500 g de espaguetes frescos
Elaboración paso a paso
- Lavar e secar os zancos de polo. Salpementar e untar con chimichurri, cubrir con filme e refrixerar, como mínimo, 1 hora.
- Poñer unha pota cun chorro de aceite ao lume; cando estea quente dourar ben o polo e pasalo a unha fonte. Reservar.
- Na mesma pota engadir o dente de allo e a cebola ben picadiña. Deixar pochar ata que comece a ter unha lixeira cor dourada.
- Agregar os cherry cortados pola metade, refogar e engadir o viño branco; deixar evaporar, agregar a nata, o chile, a auga, o ketchup, a culleradiña de bovril, sal e pementa. Remexer, poñer os zanquiños de polo e cociñar durante 30 minutos a lume medio. Os primeiros dez minutos farémolo coa pota tapada.
- Cando xa temos a salsa no seu punto, o polo tenro e a salsa espesiña, agregamos o queixo, poñemos a tapa na pota, deixamos 5 minutos para que se derreta e apagamos o lume.
- Cociñamos a pasta, poñémola no centro da fonte de servir, colocamos o polo ao redor e engadimos salsa xenerosamente, esparexemos a parte verde do talo das ceboliñas e servimos.