Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

image00002

Peixe ao sal

O peixe ao sal é unha técnica tradicional e moi sinxela que consiste en cubrir o peixe enteiro cunha capa grosa de sal e enfornalo. Desta forma, créase unha costra que o sela e permite que se cociñe no seu propio mollo, sen necesidade de graxas nin líquidos engadidos.
O resultado é un peixe moi zumento, tenro e cun sabor natural intenso, mantendo toda a súa frescura. É ideal para peixes brancos como a dourada ou a robaliza, e destaca por ser unha forma limpa e saudable de cociñar que realza ao máximo a calidade do produto.
Autor/a: Lola Crespo
Etiqueta/s:peixe, sabroso
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Bandexa de forno
  • 1 Coitelo
  • 1 Bol
  • 1 Culler

Ingredientes
  

  • 1,5 kg peixe branco
  • 2 kg sal marina
  • 2 cdas sal fina
  • 50 ml auga
  • Toros de limón

Elaboración paso a paso
 

  • Nun bol mesturar o sal mariño de forno co sal fino e a auga.
  • Poñer unha cama de sal nunha fonte apta para forno, sobre ela o peixe.
  • Cubrir o peixe de sal, facendo unha cova, deixando destapadas a cola e o ollo. Isto serviranos para saber que o peixe está listo e enfornado.
  • Forno 180 graos 30 minutos.
  • Unha vez feito, comprobarémolo se a cola se desprende con facilidade e o ollo está branco. Retirar o sal, a pel e servir.
  • Suxerencia: con manteiga derretida e perexil fresco picado.

VOLVER