Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

2 foto horizontal pad thai portada

Pad Thai sen glute

O Pad Thai é un clásico da cociña tailandesa que combina fideos de arroz salteados cunha mestura equilibrada de sabores doces, ácidos e salgados. É unha receita rápida, saborosa e perfecta para desfrutar da esencia de Tailandia en casa.
Etiqueta/s:oriental, pasta sen glute, receita saudable, sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo total20 minutes
Prato Prato principal
Cociña Tailandesa
Racións 1 persoa

Equipamento

  • 1 Táboa de cortar
  • 1 Coitelo
  • 1 Culler de madeira
  • 1 Wok/Tixola antiadherente

Ingredientes
  

  • 80 g noodles de arroz
  • 50 g tofu
  • 50 g brotes de soia
  • 30 g cacahuetes torrados
  • 6 Gambóns/lagostinos
  • 1 Ovo
  • 1 Lima
  • 1 Cenoria
  • 1 dente allo
  • 1 manoxo ceboliño
  • 2 cdas salsa de soia sen glute
  • 2 cdas vinagre de arroz
  • 2 cdtas azucre moreno
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Caiena

Elaboración paso a paso
 

  • Hidratar os fideos en auga quente. Escorrer, enxaugar con auga fría e reservar.
  • Quentar o vinagre de arroz e disolver o azucre. Pelar e cortar en anacos o dente de allo.Saltear nun wok cun pouco de AOVE. 
  • Limpar os lagostinos/gambóns e incorporalos ao rustrido. Retirar.
  • Mesturar a cenoria en láminas, o tofu en anacos, o ovo batido, os xermolos de soia e engadir un chisco de sal.
  • Agregar os fideos hidratados e mesturar. Engadir a salsa de soia, o vinagre de arroz co azucre disolto e unhas gotas de zume de lima.
  • Empratar xunto aos cacahuetes en anacos, o xermolos de soia e a ceboliña picada por enriba.

VOLVER