Go Back
Print
Recipe Image
–
+
servings
Smaller
Normal
Larger
Pad Thai sen glute
O Pad Thai é un clásico da cociña tailandesa que combina fideos de arroz salteados cunha mestura equilibrada de sabores doces, ácidos e salgados. É unha receita rápida, saborosa e perfecta para desfrutar da esencia de Tailandia en casa.
Autor/a:
Lidia Filgueira
Etiqueta/s:
oriental, pasta sen glute, receita saudable, sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación
20
minutes
mins
Tempo total
20
minutes
mins
Prato
Prato principal
Cociña
Tailandesa
Racións
1
persoa
Equipamento
1 Táboa de cortar
1 Coitelo
1 Culler de madeira
1 Wok/Tixola antiadherente
Ingredientes
1x
2x
3x
80
g
noodles de arroz
50
g
tofu
50
g
brotes de soia
30
g
cacahuetes torrados
6
Gambóns/lagostinos
1
Ovo
1
Lima
1
Cenoria
1
dente
allo
1
manoxo
ceboliño
2
cdas
salsa de soia sen glute
2
cdas
vinagre de arroz
2
cdtas
azucre moreno
Aceite de oliva
Sal
Caiena
Elaboración paso a paso
Hidratar os fideos en auga quente. Escorrer, enxaugar con auga fría e reservar.
Quentar o vinagre de arroz e disolver o azucre. Pelar e cortar en anacos o dente de allo.Saltear nun wok cun pouco de AOVE.
Limpar os lagostinos/gambóns e incorporalos ao rustrido. Retirar.
Mesturar a cenoria en láminas, o tofu en anacos, o ovo batido, os xermolos de soia e engadir un chisco de sal.
Agregar os fideos hidratados e mesturar. Engadir a salsa de soia, o vinagre de arroz co azucre disolto e unhas gotas de zume de lima.
Empratar xunto aos cacahuetes en anacos, o xermolos de soia e a ceboliña picada por enriba.