Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

mg 9090

Galletas de avea e marmelada

As galletas de avea e marmelada son unha opción caseira sinxela, nutritiva e deliciosa, perfectas para acompañar o almorzo ou a merenda. A avea achega unha textura suave e lixeiramente crujiente, alén dun sabor reconfortante, mentres que a marmelada engade o toque doce e afrutado que as fai irresistibles.
Son doados de preparar e non requiren ingredientes complicados, polo que resultan ideais para facer en casa en pouco tempo.
Autor/a: Vicki Lorenzo
Etiqueta/s:avea, galletas, sabroso, sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación25 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total45 minutes
Prato Almorzo
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Bol
  • 1 Pota
  • 2 Bandexas para forno

Ingredientes
  

  • 1 taza fariña de avea
  • 3/4 taza copos de avea
  • 1 cda coco relado
  • 1 cda colmada puré de dátiles
  • 75 g manteiga
  • 1 cdña canela
  • 1 Ovo
  • 160 g frambuesas
  • 1 cdña puré de dátiles
  • 1 cda sementes de chía
  • 2 cdas auga

Elaboración paso a paso
 

  • Comeza preparando a marmelada de frambuesas.
  • Coloca todos as frambuesas e a auga nunha ola e leva a lume medio durante 15 minutos ata que as frambuesas comecen a desfacerse.
  • Retirar do lume e engadir o puré de dátiles e as sementes de chía. Revolve ben, leva a un recipiente de cristal e refrixera ata que arrefríe.
  • Para a masa de galletas, coloca nun bol a fariña, os flocos de vanea, o coco, a canela, o puré de dátiles e a manteiga. Une aos poucos e por ultimo, engade o ovo.
  • Prepara as bandexas de forno con papel de forno.
  • Forma bolitas coas mans, colocalas na bandexa e esmaga formando as galletas.
  • Con axuda do reves dunha culleriña forma un huequito en cada unha das galletas e rechea coa marmelada.
  • Enforna (en forno prequentado a 180º) durante 18-20 minutos.

VOLVER