Lavar e secar os zancos de polo. Salpementar e untar con chimichurri, cubrir con filme e refrixerar, como mínimo, 1 hora.
Poñer unha pota cun chorro de aceite ao lume; cando estea quente dourar ben o polo e pasalo a unha fonte. Reservar.
Na mesma pota engadir o dente de allo e a cebola ben picadiña. Deixar pochar ata que comece a ter unha lixeira cor dourada.
Agregar os cherry cortados pola metade, refogar e engadir o viño branco; deixar evaporar, agregar a nata, o chile, a auga, o ketchup, a culleradiña de bovril, sal e pementa. Remexer, poñer os zanquiños de polo e cociñar durante 30 minutos a lume medio. Os primeiros dez minutos farémolo coa pota tapada.
Cando xa temos a salsa no seu punto, o polo tenro e a salsa espesiña, agregamos o queixo, poñemos a tapa na pota, deixamos 5 minutos para que se derreta e apagamos o lume.
Cociñamos a pasta, poñémola no centro da fonte de servir, colocamos o polo ao redor e engadimos salsa xenerosamente, esparexemos a parte verde do talo das ceboliñas e servimos.