VOLVEMOS PARTICIPAR NA CAMPAÑA SOLIDARIA “LA GRAN RECOGIDA”
17 NOVEMBRO, 2024
Unímonos de novo á campaña solidaria “La Gran Recogida” que impulsa a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) a nivel nacional. Con esta iniciativa social pódese colaborar de dúas maneiras: depositando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene nos espazos habilitados para iso ou realizando unha doazón económica ao pasar por caixa.
A campaña ten este ano unha duración maior. Ponse en marcha este venres, 22 de novembro, e finalizará o sábado 30. Ademais, contará coa participación de todos os Gadis de Galicia e Castela e León. O obxectivo é apoiar ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade e, ademais, nesta edición, aos afectados pola DANA.
Dez anos de compromiso
A nosa adhesión á “La Gran Recogida” cumpre 10 anos e durante esta década colaboramos cos nosos clientes para reunir a maior cantidade de produtos e fondos económicos.
Apoio a 12 bancos de alimentos
Colaboramos de forma habitual con 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León: Rías Altas (A Coruña, Santiago e Ferrol), Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid Salamanca e Segovia. Son as doce entidades que se encargarán de xestionar toda a axuda e de repartila entre as asociacións e institucións benéficas ás que atenden de forma continuada no tempo.
Gadis, sempre solidaria
A solidariedade é un dos piares do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, que se plasma no noso apoio a numerosas organizacións do terceiro sector enfocadas a mellorar a calidade de vida das persoas desde diferentes ámbitos de actuación.
Tamén poñemos o foco nas iniciativas solidarias propias. Unha das máis recoñecidas é Mayo Solidario, que supón un importante respaldo para os 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León aos que apoia.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”