LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”
30 SETEMBRO, 2026
Poñemos en marcha a 8ª edición de “Alimenta la amistad”, que este ano servirá para apoiar a 85 protectoras de animais de diferentes poboacións de Galicia e Castela e León. Esta campaña, que realizamos desde 2019, lévase a cabo en 205 supermercados. A convocatoria incorpora cada ano novas entidades e contribúe a potenciar a conciencia social polo benestar animal.
Do 1 ao 15 de outubro, nos establecementos que participan, habilitaremos puntos específicos de recollida de alimentos e produtos de hixiene para cans e gatos. Ademais, os clientes que queirades realizar unha achega económica podedes facela directamente ao pasar por caixa.
Compromiso co benestar animal
Desde o compromiso co benestar animal recollido no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa e coincidindo co Día Mundial dos Animais que se celebra cada ano o 4 de outubro, desenvolvemos esta acción que permite visibilizar o esforzo e o labor diario, no coidado e a procura de fogar para mascotas abandonadas, das 85 protectoras e refuxios que se beneficiarán desta campaña. Estas entidades están repartidas nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; alén de Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.
Preto de medio millón de quilos de solidariedade
A coordinadora de RSC, Lucía Santos, e o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, acudiron a un dos puntos de venda nos que se leva a cabo a recollida e puxeron en valor a solidariedade dos nosos clientes, que nos últimos sete anos achegastes preto de medio millón de quilos de produtos á causa. Ademais, en 2025 tamén se entregaron 18.500 € en metálico.
Tamén asistiron Covadonga Fernández Herrera, directiva da Asociación Felinos Felices e José Antonio López Corral, tesoureiro de Cancoruña Asociación Canina, dúas das entidades a favor das que impulsamos esta campaña solidaria. Ambos mostraron o seu agradecemento polo noso apoio continuado, que é clave para poder seguir desenvolvendo o seu labor.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL