Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

22 OUTUBRO, 2026

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Gadis repartirá este sábado, 24 de outubro, un total de 12.000 exemplares do seu novo libro recompilatorio de microrrelatos. A publicación estará dispoñible de balde para os clientes en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León ata esgotar existencias.

Con esta iniciativa, a cadea de supermercados comparte coa sociedade as obras gañadoras e finalistas da sétima edición do seu certame, que este ano xirou arredor de «Os cambios» e rexistrou un total de 1.444 propostas orixinais, escritas tanto en galego como en castelán.

Entre os autores finalistas e premiados tamén hai menores de idade, unha mostra de que a creatividade literaria non entende de idades e de que a escritura segue a atopar novas voces entre as xeracións máis novas.

O libro tamén se editou en formato dixital na web do concurso (www.gadismicrorrelatos.com), co obxectivo de achegar a literatura ao maior número posible de persoas.

Promoción da cultura

Con esta acción, Gadis reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e da creatividade a través de relatos de menos de 100 palabras.

A iniciativa enmárcase no seu programa de Responsabilidade Social e, tras sete edicións, acumula máis de 11.400 textos recibidos e permitiu editar máis de 84.000 libros de microrrelatos, repartidos entre os seus clientes.

Preto de 80 finalistas

Nesta sétima edición, o primeiro premio foi para Raquel Martínez (Ferrol), polo seu relato «A foto». O segundo posto correspondeu a Anxo Vidal (As Pontes de García Rodríguez), por «La fábrica de vapor», mentres que Soraya Paniagua (Salamanca) obtivo o terceiro galardón con «Contraseña».

Os relatos participantes tamén ofrecen unha ollada á realidade e ás transformacións da contorna. É o caso de «La fábrica de vapor», que aborda o derrubamento das torres da central térmica das Pontes, un cambio significativo na paisaxe da localidade.

Xunto aos tres gañadores, outros 79 autores finalistas forman parte deste volume impreso en formato de peto, pensado para facilitar a súa lectura en calquera momento do día.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha