Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

14 OUTUBRO, 2026

Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Dar visibilidade ao papel clave que desempeñan as mulleres na contorna rural a través do relato das súas protagonistas –as nosas provedoras locais– é o obxectivo do 5º Foro Mulleres Rurais, que se celebrou na Fundación Juana de Vega baixo o título “Tradición, calidade e innovación”, e que puxo de manifesto, unha vez máis, o noso compromiso de fomentar o emprendemento feminino para garantir o futuro do rural. Esta xornada serviu, ademais, para presentar as novas pezas audiovisuais da campaña que se pon en marcha con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra cada 15 de outubro.

Garantir a remuda xeracional, fomentar a diversificación socioeconómica local e xerar arraigamento son tres dos grandes retos do mundo rural, e o labor das mulleres é esencial para logralo. Nesta liña interveu Jaime Calvo, adxunto á dirección de Compras de Produto Fresco de Gadis, que destacou a aposta pioneira polos provedores de proximidade e o seu compromiso por seguir avanzando xunto aos mil provedores de km. 0. “Para nós os seus produtos son un factor diferencial”, indicou.

“O rural galego non só conserva tradicións, tamén constrúe futuro. Hoxe atopamos empresas que incorporan tecnoloxía, que desenvolven novos produtos e detrás de moitos deses proxectos hai mulleres que están a tomar decisións, emprendendo e demostrando que tradición e innovación non son conceptos opostos”, apuntou Melisa Pagliaro, a nosa directora de Marketing e RSC, durante a súa participación.

Innovación no sector lácteo galego

“Entrar en Gadis foi moi importante porque a loxística deunos unha estabilidade e puidemos seguir medrando en produción e creando postos de traballo”, sinalou Susana Díaz, fundadora de Kalekói, unha empresa que comezou como un pequeno obradoiro e que hoxe en día é moi recoñecida polo seu kéfir e iogures artesanais. E é que a innovación no sector lácteo galego e a súa modernización e competitividade foi un dos temas que se abordaron durante a xornada.

Tamén relatou a súa experiencia Carmen Vázquez, copropietaria de Queinaga, unha explotación leiteira familiar: “En 1995 apostamos pola transformación para revalorizar a explotación. Na actualidade somos 17 traballadores e 13 son mulleres. Estamos moi orgullosos de contribuír á tradición e á fama dos queixos de Curtis”.

Tradición e emprendemento

Tamén quixemos poñer o foco no valor do emprendemento feminino desde o respecto á tradición. Noelia Dourado contou o xiro que decidiu dar á súa vida para converterse en copropietaria de Horta Santa co seu marido: “Eu traballaba nunha farmacia e Andrés era mariñeiro. Ningún dos dous somos de aquí e empezamos de cero”, comenta sobre a súa explotación agrícola, que fornece á cadea de supermercados de pementos, cebolas ou tomates. “Creo que Gadis cumpre moi ben co seu lema: en confianza”.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha