Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

20 OUTUBRO, 2026

Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Regresamos de novo ás aulas co programa educativo Alimentes. Un proxecto que actualiza os seus contidos en cada edición para dar resposta a temas actuais. Este ano, por exemplo, inclúe unha nova unidade didáctica de hábitos de vida saudables, na que se traballa sobre o deporte, a importancia do descanso e a desconexión dixital. Tamén se introduciron máis fichas para contribuír a que alumnos de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Educación Primaria reduzan o tempo de exposición ás pantallas.

Alimentes traballa conceptos como o consumo responsable e consciente contra o desperdicio alimentario, o valor do desenvolvemento sostible a través do produto local e de proximidade, e o respecto polo medioambiente. Todo iso con contidos inclusivos, para atender as necesidades de nenos e nenas con diversas capacidades, e adaptados aos currículos oficiais de Galicia e Castela e León.

Inscrición na plataforma e calendario de visitas aos supermercados

Os centros educativos xa poden inscribirse en www.gadis.es/alimentes/, onde docentes e alumnos teñen acceso aos materiais didácticos. Tamén está dispoñible o calendario dixital para organizar as visitas presenciais aos supermercados Gadis, onde os estudantes percorren as diferentes seccións, especialmente as de produto fresco: peixaría, froitería e carnicería.

15 unidades didácticas

Na súa primeira fase, o programa chega aos estudantes a través dunha contorna dixital interactiva. Deste xeito, poden seguir virtualmente a cadea dos alimentos desde a súa orixe: lonxa, campo, explotación gandeira, almacén, as diferentes seccións do supermercad ata que chegan aos seus fogares. En total, 15 unidades didácticas que combinan textos, vídeos, fichas interactivas e xogos para garantir unha aprendizaxe lúdica. Finalizar o itinerario interactivo ten un novo premio: a fiambrera Alimentes para merendas saudables, alén da posibilidade de participar no sorteo de 5 packs de tablets entre os colexios..

Máis de 20 anos de compromiso coa educación integral

Desde hai máis de dúas décadas, convertemos o noso programa Alimentes nunha ferramenta educativa integral para apoiar os docentes e ás familias en promover hábitos de vida activos, saudables e sostibles. O curso pasado, este plan chegou a máis 27.00 nenas e nenos de 672 centros educativos, coa implicación de 1.216 profesores.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha