UNÍMONOS Á CAMPAÑA “LA GRAN RECOGIDA” EN 221 SUPERMERCADOS
3 NOVEMBRO, 2025
Volvemos sumarnos á campaña “La Gran Recogida” que promove a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) en toda España. Unha causa que reforza o noso compromiso social coas persoas e familias desfavorecidas poñendo o foco na solidariedade como un valor esencial da nosa cultura corporativa.
As formas de colaborar con esta iniciativa á que nos unimos: depositando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene ou mediante donativo económico ao pasar por caixa, a única opción posible nos puntos de venda de Valladolid, León, Segovia e Palencia. O obxectivo é cubrir as necesidades básicas dos fogares que máis o necesitan.
Nove días para colaborar
Todos os Gadis de Galicia e Castela e León implícanse nesta campaña, que estará activa desde este venres, 7 de novembro, ata o sábado 15. Unha acción que conta co noso apoio de forma ininterrompida desde fai once anos. Só nos tres últimos, reunimos máis de 612.000 quilos de produtos e preto de 350.000€ grazas á solidariedade dos nosos clientes.
Valores integrados no programa de RSC
Esta causa social está aliñada co noso programa de Responsabilidade Social Corporativa: solidariedade, proximidade e compromiso coa comunidade local. Un compromiso que, neste caso, desenvolvemos a través da cooperación cos 12 bancos de alimentos cos que colaboramos de forma habitual: Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid Salamanca e Segovia.
Estas entidades xestionarán toda a axuda e repartirana entre as asociacións e institucións benéficas ás que atenden habitualmente.
Vocación de servizo ás persoas
A vocación de servizo que nos caracteriza vai un paso máis aló cando se trata de mellorar a vida das persoas apoiando ás organizacións do terceiro sector que traballan a diario para conseguir este propósito.
Tamén poñemos en marcha iniciativas solidarias propias para lograr este fin. A máis representativa é Mayo Solidario, a favor dos 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León aos que sempre apoiamos.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”