Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO 7º CONCURSO DE MICRORRELATOS

9 AGOSTO, 2026

Imagen Noticia ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO  7º CONCURSO DE MICRORRELATOS

O noso 7º Concurso de Microrrelatos entra na súa recta final. Esta cita cultural, xa moi consolidada despois do éxito das seis últimas edicións, invita a participantes de todas as idades a plasmar a súa creatividade en relatos moi breves (de entre 3 e 100 palabras) que xiren arredor de «Os cambios».

Lembrámosvos que o 16 de agosto é o último día para participar neste certame, co que queremos chegar a persoas de todas as idades e dar visibilidade ao talento anónimo. Outro dos obxectivos é tamén fomentar o hábito da lectura.

Requisitos de participación

As persoas interesadas en participar deberán cubrir o formulario dispoñible na web www.gadismicrorrelatos.com e presentar o seu texto orixinal, de menos de 100 palabras. O concurso está aberto a persoas maiores de 14 anos.

A temática desta edición, «Os cambios», ofrece total liberdade creativa. O xurado valorará a orixinalidade, a capacidade de síntese das obras e a creatividade.

Premios e publicación de 12.000 libros

Un dos nosos propósitos é dar visibilidade ao talento anónimo recompilando nun libro os cen relatos finalistas seleccionados polo xurado. Imprimiremos 12.000 exemplares, que distribuiremos de maneira gratuíta nos supermercados de Galicia e Castela e León, ademais de publicar na web unha versión dixital descargable.

Os premios para as persoas gañadoras consisten nun libro electrónico (ebook), ademais dun cheque de 100 euros para o primeiro premio e outro de 50 euros para o segundo.

Un éxito avalado por máis de 10.000 relatos

O concurso demostrou ter unha notable capacidade de convocatoria, acumulando máis de 10.000 relatos breves presentados nas seis últimas edicións, nas que editamos un total de 72.000 libros.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha