REPARTIMOS 125 TONELADAS DE PRODUTOS ENTRE 12 BANCOS DE ALIMENTOS
9 XUÑO, 2026
Volvemos a demostrar a forza do noso compromiso social en Maio Solidario, unha campaña que permitiu entregar 125 toneladas de produtos e 44.844€ a doce bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. É o resultado da mobilización de miles de clientes e da achega de Gadis, que converteu esta iniciativa na nosa causa solidaria máis significativa para mellorar o benestar da comunidade.
Como sempre, o noso agradecemento aos clientes, aos voluntarios dos bancos de alimentos e aos nosos compañeiros, en especial de tenda e almacéns, pola súa colaboración para que Maio Solidario fose un éxito outro ano máis. Un éxito que supón axudar a miles de persoas, xa que esta é a verdadeira razón de ser desta campaña, sinala a nosa directora de Marketing e RSC, Melisa Pagliaro.
Máis de 1.900 toneladas de alimentos en catorce edicións
Maio Solidario consolidouse como o gran referente do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, con máis de 2.400 accións anuais.
Máis de 1.900 toneladas de alimentos e unha achega económica superior aos 330.000 € é o resultado do esforzo destes 14 anos e destinouse integramente aos bancos de alimentos das provincias nas que estamos presentes, en liña co noso propósito de crear unha rede de axuda local que chegue ás persoas en situación de vulnerabilidade.
O Banco de Alimentos Provincia de A Coruña, os de Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora son os encargados de xestionar a axuda entre as 800 asociacións ás que prestan asistencia de forma habitual.
Entrega na sede central
Celebramos unha entrega simbólica de toda a axuda recadada na sede central do Polígono de Piadela, que contou coa asistencia do presidente e vicepresidente do Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Manuel Mora. Pola nosa empresa, a directora de Marketing e RSC, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, e as coordinadoras de RSC e de Comunicación, Lucía Santos e María Eimil.
Compromiso cos ODS
O noso plan responde as necesidades locais e alíñase tamén cos retos globais do Pacto Mundial das Nacións Unidas, entidade á que nos adherimos hai dúas décadas. En concreto, esta campaña cumpre directamente tres dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 1 (Fin da pobreza), ODS 2 (Fame cero) e ODS 10 (Redución das desigualdades).
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”