Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

RECICLAMOS MÁIS DE 9.500 TONELADAS ANUAIS DE CARTÓN, PLÁSTICO E MADEIRA

3 XUÑO, 2026

Imagen Noticia RECICLAMOS MÁIS DE 9.500 TONELADAS ANUAIS  DE CARTÓN, PLÁSTICO E MADEIRA

Unha empresa só pode ser sostible se é capaz de xestionar mellor os seus recursos, xerar valor para as persoas e contribuír ao desenvolvemento da súa contorna, reducindo ao mesmo tempo o seu impacto ambiental. Así o cremos en Gadis, que en 2025 demos unha nova vida útil a máis de 9.500 toneladas de cartón, plástico e madeira, que volveron introducirse na cadea de valor: unha parte das caixas utilizadas nos pedidos a domicilio e compras en liña están elaboradas con cartón reciclado. Ademais, a valorización na plataforma loxística de Betanzos alcanza o 99,5%. Unha cifra avalada polo selo “De Residuos a Recursos: Zero A Vertedero”, outorgado por Saica Natur.

A economía circular e a loxística inversa son dous dos piares desta política medioambiental. Os camións que distribúen o produto aos supermercados aproveitan a viaxe de volta ás plataformas loxísticas centrais de Betanzos e Medina del Campo cargados con materiais para reciclar que xestiona un equipo de máis de 40 persoas, que traballa exclusivamente nesta área. Tamén retornan coas caixas plásticas reutilizables que se usan para trasladar o produto fresco. En 2025 contabilizáronse máis de 8,33 millóns de movementos.

Outra das nosas fortalezas en materia de sustentabilidade ten que ver co modelo de negocio, que prioriza o produto de proximidade, traballando con preto de 1.000 provedores locais de alimentación, aos que implicamos na estratexia de coidado da contorna. Potenciar a venda de produto fresco, de tempada e de proximidade nos supermercados permite reducir de forma notable as distancias de transporte e, por tanto, minimizar a pegada medioambiental. O círculo péchase no punto de venda, coa atención directa en mostrador tradicional, que incentiva o consumo responsable, reduce o uso materiais como o plástico e minimiza o desperdicio alimentario. Ademais, en todas as sección de produto fresco utilizamos bolsas elaboradas a partir de fécula de pataca.

En canto ao plan de eficiencia enerxética, continuamos implementando medidas nas reformas e aperturas de novos supermercados, dotándoos de funcionais sistemas de refrixeración, climatización e iluminación LED, que favorece un consumo ata un 40% menor con respecto aos tradicionais.

Concienciación social

Cada pequeno xesto conta. Esta é a razón pola que tendemos a man a clientes para ampliar o alcance das medidas implementadas. En determinados puntos de venda, facilitámoslles illas de reciclaxe para que depositen pilas domésticas e cápsulas de café, integrando aos clientes neste modelo de aproveitamento de recursos.

Ademais, desde hai máis de 20 anos, contribuímos a sementar o cambio na infancia co programa educativo Alimentes, que integra conceptos teóricos e prácticos sobre alimentación saudable e consumo responsable; e tamén levamos a cabo diversos proxectos de concienciación social, como o Bosque Gadis, unha iniciativa inclusiva de reforestación con especies autóctonas, en alianza coa asociación Amicos, que atende a persoas con diferentes capacidades.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia  O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...

O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...

LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha