PROMOVEMOS O DEPORTE CON 800 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS AO LONGO DO ANO
25 AGOSTO, 2025
Case un terzo das máis de 2.400 accións de Responsabilidade Social Corporativa que desenvolvemos ao longo do ano están relacionadas co deporte e os hábitos de vida saudables.
Entre elas atópase Pantín Classic Galicia Pro, unha emblemática competición que atrae a numerosos surfeiros nacionais e internacionais á praia de Pantín (Valdoviño) e que se desenvolve ata o próximo 31 de agosto. Co mesmo obxectivo, a promoción do deporte e en concreto do surf, o pasado mes de xuño celebrouse en Ferrol o Gadis Surf Festival, que conta co noso patrocinio.
Eventos destas características contribúen á dinamización socioeconómica do territorio. Con esta visión, apoiamos O Marisquiño, celebrado recentemente en Vigo, cunha destacada presenza no OM25 Family Day presented by Gadis, unha xornada especial que ten como fin achegar os deportes de acción e a cultura urbana ás novas xeracións cumprindo outro dos nosos propósitos: promover o lecer activo nas cidades.
Para todos o públicos
Apoiamos máis de 40 campus de fútbol e baloncesto para inculcar a práctica de exercicio físico desde a infancia e os valores do deporte. Estes obxectivos tamén lévannos a colaborar con competicións dirixidas a públicos de todas as idades e de diferentes modalidades, como equitación, ximnasia rítmica, ciclismo, atletismo, bádminton, waterpolo, taekwondo ou atletismo, entre outros. Unha cita de relevancia, e cun fin solidario, é a Carreira da Muller da Coruña, que se celebrará o próximo 28 de setembro. Tamén conta coa nosa colaboración a popular carreira San Martiño, que se celebra en Ourense; a Carreira Pedestre de Santiago de Compostela; e en Castela e León, Palencia Legua a Legua ou o Día do deporte na rúa de Ávila.
Un dos deportes acuáticos con maior número de adeptos na comunidade galega é a vela. De aí a nosa presenza en citas relevantes, como a Regata Gadis, que organiza o Club Náutico de Ribeira e que pon o acento nos novos talentos, ou a Regata Rías Baixas, en colaboración co Club Náutico de Vigo.
O deporte como ferramenta de integración social
O deporte tamén é unha ferramenta para fomentar a inclusión de diferentes colectivos. Con esta premisa elixímolo como tema principal da quinta edición do Foro Gadis coas ONG, un evento que se celebra anualmente como voceiro para as asociacións e entidades sociais de Galicia e Castela e León. Ademais, somos patrocinador oficial do Equipo Paralímpico Español desde 2007 a través do Plan ADOP. Un respaldo que se enmarca no obxectivo de dar visibilidade ós valores que representan os seus deportistas: motivación, afán de superación e traballo en equipo.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”