PROGRESO DO NOSO COMPROMISO COS OVOS 100 % LIBRES DE GAIOLAS
29 XUÑO, 2026
Datos a xuño de 2026:
- Porcentaxe de ovos frescos (marca produtores) libres de gaiolas: 80 %.
- Porcentaxe de ovos frescos (marca propia) libres de gaiolas: 50 %.
- Porcentaxe de non utilización de sistemas combinados: 100 % libres de sistemas combinados.
Esta porcentaxe acadouse mesmo nun contexto de gran complexidade no sector, marcado por:
- As dificultades que atravesa o sector avícola debido a diversos factores que afectan á planificación e á estabilidade dos sistemas de produción. Neste contexto, manter un surtido equilibrado de ovos procedentes de sistemas alternativos —campeiros (código 1), ecolóxicos (código 0) e de chan (código 2)— implica un esforzo constante de coordinación cos nosos produtores. Aínda así, estamos a traballar para garantir a presenza destas referencias nos nosos lineais.
- A necesidade de preservar a accesibilidade do ovo como proteína básica para milleiros de familias.
- A falta de apoio estrutural aos pequenos produtores para adaptar as súas instalacións.
Cremos que a transición cara a un modelo máis ético debe ser realista, responsable e compartida. Por iso, seguiremos avanzando cos pés na terra, desde o compromiso, a escoita e o equilibrio entre o benestar animal, a viabilidade económica e o acceso do consumidor.
Seguimento e transparencia
De cara ao futuro, traballaremos nun plan de avance progresivo. O noso obxectivo é continuar incrementando de forma sostida a porcentaxe de ovos libres de gaiolas durante o que resta de 2026.
OUTRAS NOVAS
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
POÑEMOS EN VALOR O EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMI...
LANZAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD”